Os xogadores do FC Barcelona David Villa e Thiago Alcántara celebran en Dallas con UNICEF un encontro con nenos

O lendario equipo de fútbol e colaborador de UNICEF, FC Barcelona mantivo un encontro con mozos en Dallas para falar de como o deporte pode mellorar a vida dos nenos. O acto tivo lugar na sede de YMCA na veciñanza de Lakeside, en Dallas. Os xogadores do FC Barcelona David Villa e Thiago Alcántara, acompañados por Ramón Pont, Vicepresidente do FC Barcelona, participaron neste acto organizado por UNICEF.

Máis de trinta mozos seguidores do fútbol de Dallaspuideron conversar con dous dos seus xogadores favoritos doFCB para pedirlles consello sobre como mellorar as súas habilidades para xogar ao fútbol e tamén para preguntarlles sobre as súas experiencias preferidas dentro e fóra do campo. O resultado foi que os xogadores falaron con franqueza cos nenos sobre o impacto que o fútbol tivo nas súas vidas cando eran nenos. Os dous xogadores animaron os nenos dicíndoos "mentres sexas feliz e esteas ilusionado co que fagas, sempre desenvolverás as túas habilidades para ser o mellor que poidas ser". Tamén dixeron que a través do deporte eles aprenderon valores como "respectar os demais e traballar e esforzarse para conseguir o que un quere".UNICEF considera que o deporte xoga un papel importante na mellora das vidas dos nenos de todo o mundo, especialmente os máis desfavorecidos. O deporte forma parte dos programas que apoia UNICEF para conseguir obxectivos específicos de desenvolvemento como mellorar a saúde dos nenos; aumentar as súas oportunidades de supervivencia; asegurar que todos os nenos teñen acceso á educación básica; previr o VIH/SIDA e protexer os nenos da explotación e o abuso. Ademais, o deporte ensina importantes leccións para a vida sobre respecto, liderado e cooperación; promove a igualdade para todos e tende pontes.

Ramon Pont, Vicepresidente do FC Barcelona dixo: "UNICEF e o FCBarcelona estamos hoxe aquí para seguir adiante coa nosa exitosa colaboración para os nenos do mundo. Durante os últimos cinco anos o FC Barcelona apoiou os esforzos deUNICEF para salvar e mellorar as vidas de centos de miles de nenos. Na próxima fase desta alianza centrarémonos en apoiar unha mobilización global por unha educación de calidade e deportes que proporcionará resultados tanxibles para os nenos". Pola súa banda, Lawrence Picard, Director Adxunto de Operacións de UNICEF, sinalou: "UNICEF está moi orgulloso da súa alianza coFC Barcelona, que axudou a mellorar as vidas de máis de 400.000 nenos, moitos deles en África Subsahariana". Engadiu: "cremos que esta alianza é un exemplo de como o deporte contribúe ao cambio social para os nenos. Esperamos levar esta innovadora alianza á súa seguinte fase na próxima tempada, utilizando os activos sociais do club para unir moita máis xente en apoio dun movemento global para a educación e o deporte,".

Más información:

 

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]