Os nenos levados pola forza en Sudán do Sur aínda non foron liberados

Decenas de nenos levados pola forza por homes armados nun pobo ao norte de Sudán do Sur hai dúas semanas permanecen recrutados á forza como nenos soldado, a pesar dos intensos esforzos para localizalos e liberalos. Hai unha semana UNICEF informou de que 89 nenos que se preparaban para os exames foron recrutados á forza como nenos soldado, pero agora a organización cre que o número de nenos pode ser de centos. Ademais, durante os asaltos dos días 15 e 16 de febreiro, tamén foi secuestrado un grupo de homes adultos.

A raíz da información proporcionada a un equipo de UNICEF e os aliados do Mecanismo de Supervisión e Presentación de Informes de Nacións Unidas (MRM polas súas siglas en inglés) UNICEF está seguro de que o grupo armado que se levou aos nenos foi unha milicia Shilluk ás ordes de Johnson Oloni. Esta milicia está aliñada coas forzas gobernamentais do SPLA.

Nun intenso exercicio para recompilar información, tanto en Juba coma no Estado do Nilo Alto (onde aconteceron os feitos), UNICEF e os aliados do MRM, trataron de reconstruír o que aconteceu durante e despois do asalto, e descubrir a situación dos nenos. Estase a preparar un informe oficial de seguimento de Nacións Unidas sobre unha grave violación dos dereitos da infancia. Un dos desafíos que dificultan a obtención de probas foi a forte presenza de milicias que quedan en Wau Shilluk, polo que resulta imposible recibir información de primeira man.

Non obstante, a partir dos informes recibidos ata agora está a quedar claro que os nenos non están xuntos nun só grupo. UNICEF cre que a algúns dos nenos -incluíndo algúns dos alumnos da escola- se lles permitiu volver ao seu pobo para comer cos seus pais e nalgúns casos a algúns nenos se lles permitiu ir á escola. Pero pola noite foron levados de novo.

En conversacións co SPLA en Melut confirmouse que o recrutamento forzoso dos nenos se levou a cabo e que moitos dos nenos estaban a ser enviados a Melut.Testemuñas afirmaron tamén que moitos nenos foron vistos nun campo de adestramento preto de Wau Shilluk e que en Melut, nenos de tan só 12 anos foron vistos portando armas pero non uniformados.

SPLA afirmou que a milicia de Johnson Oloni estaba fóra do seu co
ntrol.

O representante de UNICEF en Sudán do Sur, Jonathan Veitch, dixo que cando xuntas os diferentes informes testemuñais, se ve con moita forza que os nenos poderían ter estado a punto de ser enviados a loitar a Kaká, uns 45 minutos ao norte de Melut en barco.

"Tememos que vaian dende a aula á fronte", dixo o representante de UNICEF en Sudán do Sur. "UNICEF fai un chamamento a Johnson Oloni para que deixe que os nenos volvan á escola e estean coas súas familias de inmediato".

Veitch tamén urxiu ao Goberno de Sudán
do Sur a usar calquera influencia que teña para asegurar a liberación dos nenos.

Para máis información sobre o traballo de UNICEF en Sudán do Sur:

http://www.unicef.es/sudan-del-sur

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas as partes.

Más información:

Para máis información:

John Budd, Communication Officer, UNICEF South Sudan; Mobile: + 254 714469853 +211912398404; [email protected]

James Elder, UNICEF Regional Chief of Communication, Eastern & Southern Africa; Mobile: +254 71558 1222 [email protected] 
Belén de Vicente, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]