Os nenos de Tacloban afectados polo tifón Haiyan son vacinados contra o sarampelo e a polio

Os nenos de Tacloban -a cidade máis afectada polo tifón Haiyan- foron vacinados hoxe contra o sarampelo e a polio como parte da primeira fase dunha campaña masiva posta en marcha polo goberno de Filipinas co apoio da Organización Mundial da Saúde (OMS), o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF) e outros aliados. Os nenos recibiron tamén suplementos de vitamina A para axudarlles a mellorar a súa inmunidade ante as infeccións.

Espérase chegar a máis de 30.000 nenos con esta campaña que ten lugar nos centros de evacuación e nas comunidades a través de equipos portátiles de saúde. En Tacloban estase a levar a cabo a primeira fase dunha campaña destinada a nenos menores de 5 anos que viven nas áreas afectadas polo tifón. Quince equipos (10 estranxeiros e 5 nacionais), incluíndo voluntarios do Departamento de Saúde, a Cruz Vermella Filipina e outras organizacións no, estiveron a vacinar hoxe en todo Tacloban. Os primeiros en ser vacinados foron os nenos de 20 centros de evacuación como a escola elemental de San José, onde agora viven 300 familias en condicións que poden aumentar o risco de contraer enfermidades contaxiosas. "Os nenos de Tacloban necesitan toda a protección posible nestes momentos", dixo Angela Kearney, coordinadora da resposta de emerxencia de UNICEF en Tacloban. "As enfermidades son depredadores silenciosos, pero sei como previlas así que faremos todo o que poidamos. " A petición do goberno, UNICEF adquiriu vacinas por valor de 2 millóns de dólares para repoñer as existencias que había no país, e que agora se están a utilizar na campaña. Ademais, UNICEF e aOMS están a axudar a restablecer a cadea de frío, que é fundamental para manter as vacinas á temperatura axeitada. "O persoal da OMS e UNICEF levaron en man as subministracións dende Manila a Tacloban, coordinaron os equipos para poñer as vacinas e formáronos sobre como facelo baixo estas circunstancias tan difíciles. Practicamente non hai precedentes de que tras dúas semanas e media despois dun desastre desta magnitude, con este nivel de devastación e estes retos loxísticos, se leve a cabo unha campaña masiva de vacinación", asegura a doutora Julie Hall, representante da OMS en Filipinas. Durante a campaña os nenos vacinados son ademais examinados para detectar se sofren desnutrición. Para iso mídese o grosor do seu antebrazo xa que isto indica se están desnutridos e requiren ser sometidos a algún tratamento.

Más información:

Dailo Alli, UNICEF España, tel: +34 609 160 051 [email protected]

Zafrin Chowdhury, UNICEF, Tacloban, tel + 63 917 867 8366, [email protected]

Kate Donovan, UNICEF, Tacloban, tel + 1 212 303 7984, Mobile: + 1 917 3781 2128, [email protected]

Denise Shepherd-Johnson, UNICEF, Manila, tel: + 63 917 464 7028, [email protected]

Nyka Alexander, OMS Manila, tel: +63 906 493 5097, [email protected]

Gregory Härtl, Coordinador de medios e redes sociais da OMS, Xenebra, tel: +41 79 203 6715, [email protected]