Os nenos afectados pola crise no Corno de África reciben apoio de UNICEF España

A organización envía 100.000 euros recadados grazas ás achegas de doadores públicos e privados.

UNICEF España, debido á gravidade da emerxencia nutricional no Corno de África, enviou 100.000 euros doados pola sociedade española para contribuír a paliar os efectos da crise nutricional que afecta a máis de dous millóns de nenos, entre os que hai 500.000 en inminente risco de morte.

Esta cantidade destinarase a programas que UNICEFestá a levar a cabo na zona e que están orientados a tratar a desnutrición aguda a través de alimentación terapéutica, a subministración de medicinas e vacinas para previr enfermidades, a mellorar o acceso a auga potable e ao apoio de programas de educación e de protección da infancia. O sector público e privado son aliados clave do Fondo de Nacións Unidas para a Infancia, UNICEF, no traballo realizado en defensa dos dereitos da infancia xa que coas súas doazóns contribúen a cambiar a vida de millóns de nenos. Esta crise foi recoñecida como a máis grave a nivel mundial e a peor que afrontou a zona nos últimos 60 anos. Etiopía, Somalia, Djibouti e Kenya son os países que sofren o triplo azoute da seca, a suba do prezo dos alimentos e o conflito armado en Somalia. Estes factores, que se veñen agravando dende o mes de outubro pasado, provocaron que a vida de máis de 11 millóns de persoas estea en risco.

O epicentro da traxedia está en Somalia, onde no sur se rexistran taxas de desnutrición infantil de ata o 80%. Neste país, UNICEF coñece de preto os afectados pola traxedia.Nimco Mohamed Hassam, ten 25 anos e tres nenos de 5, 4 anos e 5 meses. Vivía na rexión de Bay, ao sur do país, de onde tivo que fuxir a finais de xuño. Fómonos porque a zona non era segura e pola seca" recoñeceu Nimco. Tardaron 15 días en facer o traxecto. Está especialmente preocupada pola saúde do seu neno de 4 anos que está desnutrido. Conta que o estivo a levar a un ambulatorio de alimentación terapéutica apoiado por UNICEF para facer seguimento e recibiu comida especial altamente calorífica. O seu peso era de 6.4 quilos o 27 de xuño, 7 quilos o 4 de xullo e 7.5 kg o 11 de xullo. Aínda que o neno aínda sofre de desnutrición moderada está a salvo e crecendo cada semana, grazas ao apoio que doadores públicos e privados dan aUNICEF.

O Fondo de Nacións Unidas para a Infancia realizou unha petición de fondos de 31 millóns de dólares (21,91 millóns de euros) para cubrir os custos das operacións máis urxentes. A seca que azouta estes países está a provocar unha situación de desnutrición severa que pode empeorar xa que non se prevén melloras nas condicións de seguridade alimentaria ata comezos de 2012. Así mesmo pediu unha expansión inmediata da axuda para que chegue ás comunidades afectadas pola seca e atender así as necesidades de máis de dous millóns de nenos que sofren as consecuencias desta grave crise no Corno de África.

Doazóns para a emerxencia nutricional no Corno de África:

Teléfono: 902 31 41 31

Web: www.unicef.es

Conta corrente número:0182-2370-40-0208517159 (BBVA)

****

 Os medios poden descargarse fotografías e videos sobre esta emerxencia a través do noso FTP:

 https://unicefweb.unicef.es/com/cuernodeafrica

Usuario: Refcom

Contrasinal:  uce442087

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]