Os embaixadores de UNICEF Pau Gasol e Ana Duato, polos nenos de Filipinas

Mañá cúmprese un mes do tifón Haiyan: máis de 6 millóns de nenos sofren as súas consecuencias

Os embaixadores de UNICEF Comité Español Ana Duato e Pau Gasol, e os nenos Ricardo Lezón e Rocío Navarro gravaron o anuncio da campaña por Filipinas que puxo en marcha o comité de UNICEF en España para conseguir fondos para o traballo da organización nesta emerxencia.

No vídeo, Pau Gasol,Ana Duato, Rocío Navarro eRicardo Lezón recordan que millóns de nenos perderon todo a causa do tifón, do que mañá 8 de decembro se cumpre un mes, e piden a colaboración de todos para poder cubrir as enormes necesidades dos afectados. Este anuncio forma parte da campaña por Filipinas, á que xa se uniron outros embaixadores e colaboradores de UNICEF en todo o mundo a través de distintas iniciativas. En España, 50 personaxes públicos que colaboran coa organización difundiron o chamamento por Filipinas a través de medios de comunicación e de redes sociais. Centros educativos, medios de comunicación, empresas, fundacións e outras entidades do sector privado apoian esta campaña. Grazas a estes apoios, a miles de persoas que responderon ao chamamento de UNICEF enviandoSMS ou doando a través doutras canles, a empresas e fundacións que realizaron doazóns e a centros educativos que participan na campaña, UNICEF Comité Español achegou 2,4 millóns de euros ao traballo da organización en Filipinas, chegando a miles de familias e nenos con subministracións e servizos básicos para a súa supervivencia e a súa recuperación. Pero aínda hai moito traballo por diante. O alcance do desastre en destrución de fogares, infraestruturas e medios de vida, deixou millóns de familias dependendo da axuda humanitaria. Conseguir que todos eles teñan as súas necesidades cubertas ata que poidan volver ter casa, traballo e os servizos básicos restablecidos, supón un grande esforzo a medio prazo que require dispoñer dos recursos necesarios. UNICEF seguirá traballando para a supervivencia e a protección dos nenos e para que poidan volver á escola.

O traballo de UNICEF en Filipinas

Máis de 6 millóns de nenos están a sufrir as consecuencias da catástrofe, que afectou en total a case 15 millóns de persoas. UNICEF mobilizouse dende o primeiro momento co envío de subministracións de emerxencia e segue traballando para cubrir as necesidades dos nenos e as súas familias. O traballo de UNICEF xunto co goberno de Filipinas e outras organizacións humanitarias, logrou que máis de 428.000 persoas teñan acceso a auga potable en diferentes cidades, incluíndo 200.000 en Tacloban. A falta de auga potable e dun saneamento axeitado pode causar brotes de enfermidades potencialmente mortais. Por iso, á parte do acceso a auga potable, UNICEF e a OMSemprenderon unha campaña de vacinación contra a polio e o sarampelo para máis de 30.000 nenos. En situacións como a que se está a vivir en Filipinas é fundamental protexer os nenos. UNICEF e os seus colaboradores fano localizando aqueles que están sós e inscribíndoos nun rexistro que serve para intentar encontrar os seus familiares e lograr que volvan estar xuntos. Ademais,UNICEF abre Espazos Amigos da Infancia, lugares seguros onde os nenos participan en actividades educativas, deportivas e de ocio que lles axudan a recobrar certa sensación de normalidade. Os nenos reciben tamén apoio psicosocial para superar o trauma que sufriron. Dende que se produciu o tifón hai un mes, UNICEF distribuíu miles de artigos como lonas, cubos, pastillas potabilizadoras de auga, suplementos de micronutrientes e kits de hixiene, recreativos e educativos. Pero aínda queda moito por facer. Millóns de familias perderon os seus fogares e os seus medios de vida. Un 80% dos nenos deTacloban non puido volver a clase, e 1,35 millóns de nenos están en risco de sufrir desnutrición. Para poder seguir abordando este traballo en Filipinas durante os próximos meses, UNICEF fixo un chamamento de 61,5 millóns de dólares (uns 45,5 millóns de euros).

Vídeo de Pau Gasol, Ana Duato, Ricardo Lezón e Rocío Navarro: http://www.youtube.com/watch?v=LkR5ZELjYz8&list=UUef9jW_qquutMh2h6HJtL5A

###

Calquera persoa pode colaborar con este traballo a través de UNICEF Comité Español:

• Enviando un SMS** coa palabra UNICEF ao 28028 • Realizando a súa contribución a través de www.unicef.es • Chamando ao 900 907 900 • Nas seguintes contas bancarias:

BBVA              0182 2370 40 0208517159

Caixabank        2100 5731 70 0200005001

Santander         0049 1804 16 2610410756

Banesto           0030 8301 78 0000046271

ING Direct        1465 0100 95 6000000000

BANKIA            2038 1540 61 6000269955

Más información sobre la emergencia en Filipinas:

http://www.unicef.es/emergencia-tifon-filipinas

Para descargar vídeos e fotos:

http://weshare.unicef.org/C.aspx?VP3=SearchResult_VPage&ALID=2AM4080XJ4C7

Más información:

Dailo Allí, xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]