O Pleno do Congreso dos Deputados aproba por unanimidade unha proposición de loita contra a pobreza infantil en España

É a primeira proposición que chega ao Pleno por consenso de todos os grupos nesta lexislatura. Un informe presentada por UNICEF España o pasado 21 de maio puxo de relevo que por primeira vez os nenos son o colectivo ao que máis afecta a pobreza no noso país.

O Pleno do Congreso dos Deputados aprobou onte á noite por unanimidade a que se converteu na primeira proposición que chega ao Pleno o Congreso co consenso de todos os grupos parlamentarios nesta lexislatura. Os votos de todos os grupos deron luz verde a unha Proposición non de Lei (PNL) pola que o Congreso "se compromete a facer do combate contra a pobreza na infancia un asunto prioritario na presente lexislatura". A iniciativa foi debatida no Congreso case un mes despois de que UNICEF España presentase o seu informe sobre o impacto da crise na infancia, que revela que máis do 26% da poboación infantil vive por debaixo do albor da pobreza.  

Durante o debate no Congreso, todos os grupos incidiron no "alarmante" dos datos que recolle o informe de UNICEF España, na "urxencia" de adoptar medidas e na importancia de ter alcanzado un consenso fronte á pobreza infantil. A deputada do PP, Lourdes Méndez Monasterio, fixo referencia ao "obxectivo común da loita contra a pobreza infantil" e á recomendación da Comisión Europea pola que se solicita ao Goberno que actúe "de xeito urxente" para reducir esa pobreza, sinalando que se traballa nesta dirección "a través dunha folla de ruta xa iniciada" que inclúe distintos instrumentos e plans. A deputada tivo un recoñecemento para "os esforzos de tantas organizacións e persoas que traballan para paliar tanto sufrimento".Eduardo Madina fixo fincapé, dende oPSOE, na necesidade de "manter o investimento a unha dimensión pública pero con rostro humano" tendo en conta que o investimento en nenos e nenas é tamén "investimento de futuro, e que debemos avanzar en cotas de solidariedade". "O meu grupo comprométese hoxe a manter o pulso contra a pobreza infantil" dixo, anunciando que presentarán unha Proposición de Lei para actualizar a Lei de Protección á Infancia, ao tempo que avogou por que "sexan moitos máis os pasos que deamos xuntos". Pola súa banda, Carles Campuzano, de CiU, destacou que a pobreza infantil "ten que ser unha cuestión de Estado, se non queremos que este debate quede en nada, hai que pasar á acción". Aínda que recordou que o modelo actual é "ineficaz na redución da pobreza" e que nestes momentos existen "enormes dificultades", incidiu en que "este consenso debe servir para colocar á infancia na axenda política".  

O deputado deLa Izquierda Plural, Ricardo Sixto, sinalou que a pobreza, incluíndo a infantil, é un problema estrutural, e que "este sistema non funciona, é capaz de solucionar os problemas das familias afectadas". Por iso, considerou a PNLcomo unha iniciativa "interesante pero non suficiente". Dende UPyD, Toni Cantó apuntou que "cando se fala de pobreza é imposible non falar de desigualdade". Considerou que a PNL é "un acordo de mínimos" pero avogou por crear un paquete de medidas porque "os cidadáns esperan de nós consensos en asuntos como este".EAJ-PNV, a través do seu deputado Aitor Esteban, tamén destacou o consenso alcanzado e centrou a súa intervención na importancia de "adoptar medidas concretas a nivel práctico dende xa, sen esperar aos grandes plans,".Ana Oramas, de Coalición Canaria (grupo Mixto), referiuse ao impacto da crise na infancia como a unha cuestión "ata agora practicamente invisible" e reclamou que as medidas que se adopten "deben contar sempre co seu informe de impacto sobre a infancia". Para UNICEF España, a aprobación da Proposición por unanimidade, despois da súa chegada ao Pleno polo consenso de todos os grupos, ten unha grande importancia porque, segundo dixo onte a súa Presidenta, Consuelo Crespo, a infancia debe ser un compromiso de todos por enriba de calquera diferenza, e é momento de orientar a mirada das grandes decisións cara ao que agora é o colectivo ao que máis está a afectar a pobreza en España.  

O texto daPNL insta ao Goberno a impulsar e definir a través do Plan Nacional de Acción para a Inclusión Social (PNAIN) 2013/2015 unha folla de ruta "que articule unha estratexia de protección á familia e infancia, promovendo medidas e metas para reducir a pobreza infantil e en favor da inclusión social". A proposición, presentada conxuntamente por todos os grupos parlamentarios, tamén reclama que se elabore o Informe Social Nacional solicitado pola Comisión Europea no marco da Estratexia 2020, "incluíndo neste a redución da pobreza infantil como un dos obxectivos prioritarios". Por último, o terceiro punto da PNLinsta o Goberno a "promover a calidade, a coordinación, a eficacia e a coherencia da intervención das diferentes administracións públicas en relación coa infancia, especialmente na loita contra a pobreza infantil,". A Proposición recolle cuestións básicas propostas no informe Infancia en España: o impacto da crise nos nenos, presentado a finais de maio por UNICEF España e no que se recompilan datos que revelan que por primeira vez os nenos son o colectivo máis pobre no noso país. En España, case 2.200.000 nenos viven por debaixo do albor da pobreza, sendo o colectivo máis afectado pola crise económica, segundo recolle o mencionado informe de UNICEF España. A pobreza infantil, estabilizada durante anos en torno ao 24% da poboación menor de idade, superou o 26%, unha porcentaxe que está case cinco puntos por enriba da media nacional en 2011 e que nunca se alcanzara para esta franxa de idade dende que existe a Enquisa de Condicións de Vida (2004).

Para descargar vídeo con declaracións UNICEF España:

https://unicefweb.unicef.es/com/crisis

Usuario:                      Refcom

Contrasinal:                uce442087

Máis información sobreol informe ‘Infancia en España: o impacto da crise nos nenos':

http://www.unicef.es/sala-prensa/por-primera-vez-los-ninos-son-el-colectivo-mas-pobre-en-espana

http://www.unicef.es/infancia/ong-espana/infancia-espana

http://www.unicef.es/actualidad-documentacion/publicaciones/la-infancia-en-espana-2012-2013

Más información:

Raquel Fernández, UNICEF España, +34 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]

www.unicef.es

Síguenos en Tuenti  Facebook  Twitter

Visita a nosa televisión dixital tv.unicef.es