O número de mulleres e nenos que cruzan Macedonia para buscar refuxio en Europa triplícase en tres meses

O número de mulleres e nenos que foxen da violencia nos seus países de orixe e cruzan a antiga República Iugoslava de Macedonia en busca de asilo en Europa triplicouse nos últimos tres meses, dixo hoxe UNICEF.

Estímase que unhas 3.000 persoas pasarán cada día a través da antiga República Iugoslava de Macedonia. Un terzo deles son mulleres e nenos, (en xuño a porcentaxe situábase en torno ao 10%). Arredor do 12% das mulleres están embarazadas.

Segundo as cifras do Ministerio do Interior da antiga República Iugoslava de Macedonia, o 80% procede de Sirya, mentres que o 5% son de Afganistán e outro 5% é de Iraq.

Dende o mes de xuño máis de 52.000 persoas rexistráronse no Centro de Recepción da fronteira en Gevgelija, á que entraron dende Grecia. Estímase que outros moitos están en tránsito polo país sen rexistrarse.

Moitas familias levan viaxando meses cos seus fillos, soportando días baixo un sol abrasador, chegando só coa roupa e o calzado que levan. Están exhaustos fisicamente e necesitan desesperadamente un lugar para descansar. Moitos sofren deshidratación, ampolas, arrefriados, diarrea e queimaduras solares.

A pesar dos grandes esforzos do goberno e dos aliados no terreo, incluíndo ACNUR, estas familias necesitan máis auga e un mellor acceso ás instalacións de hixiene e saneamento. Moitos están profundamente angustiados e algúns necesitan asistencia médica.

UNICEF está a enviar á cidade de Skopje depósitos de auga e dúas carpas de 72 metros cadrados. Os depósitos, cada un con capacidade para 30.000 litros, permitirán as persoas que se dirixen ao centro o acceso a auga potable, que agora está limitado a auga embotellada. Esta auga tamén pode ser usada para lavarse, xa que aínda non se instalaron lavabos. As carpas usaranse como espazos amigos da infancia. Xa hai un espazo amigo da infancia, que pode atender a 50 nenos e proporcionarlles materiais educativos, de arte e de ocio. Dende que se instalou, o 23 de agosto, recibiu 1.200 nenos. UNICEF tamén está
a proporcionar aos nenos a comida que tanto necesitan.

Independentemente do seu status, os nenos que se están a desprazar entre as fronteiras, coas súas familias ou sós, deberían recibir unha protección e axuda axeitadas. As súas solicitudes do status de refuxiado deberían ser procesadas de xeito rápido e xusto nos cruzamentos fronteirizos, cun seguimento e aplicación apropiados. As autoridades en Europa deberían aplicar as leis e políticas existentes para salvagardar e protexer os dereitos dos nenos.

UNICEF está a facer seguimento da situación no terreo e está a traballar coas autoridades locais para garantir a protección dos nenos. UNICEF continúa avogando por que todas as accións destinadas aos nenos emigrantes estean guiadas polo interese superior do neno, en cada paso do camiño.

Para acceder a vídeos e fotos:

ftp://video.unicef.es/crisis_mediterraneo

Usuario:        Refcom

Contrasinal:   uce442087

Nota aos xornalistas:

A mediados de ano UNICEF propuxo un plan de 10 puntos para orientar á Unión Europea sobre o interese superior do neno.

http://www.unicef.es/actualidad-documentacion/noticias/agenda-europea-de-migracion-10-propuestas-de-unicef

Más información:

Diana Valcárcel, Directora de Comunicación, UNICEF España, tel. 609 160 051, [email protected]

Christophe Boulierac, UNICEF en Xenebra, +41 79 963 9244, [email protected]

Kristen Elsby, UNICEF en Xenebra, +41 79 938 82 72, [email protected]

Irina Ivanovska, UNICEF en Skopje, +389 72 236 722, [email protected]