O mundo únese para rematar coas mortes evitables de nenos

Hoxe máis de 80 gobernos e unha multitude de colaboradores do sector privado, a sociedade civil e organizacións relixiosas reúnense no foro Supervivencia Infantil, chamada á acción; convocado polos gobernos de Etiopía, India e Estados Unidos, en colaboración con UNICEF, para poñer en marcha unha iniciativa global que contribúa a salvar as vidas dos nenos.  

Durante os últimos 40 anos, a aparición de novas vacinas, as melloras producidas nos servizos sanitarios, os investimentos en educación, e a dedicación dos gobernos, a sociedade civil e outros aliados contribuíron a reducir o número de mortes infantís máis dun 50 por cento. Non obstante, millóns de nenos - a maioría deles na África subsahariana e Asia meridional - morren cada ano por causasprevenibles antes de cumprir cinco anos. No ano 2010, isto traduciuse en 57 nenos mortos por cada 1.000 nacidos vivos. Esta Chamada á Acción desafía ao mundo a reducir a mortalidade infantil a 20 ou menos mortes infantís por cada 1.000 nacidos vivos en todos os países para o ano 2035. Alcanzar esta meta histórica salvaría 45 millóns de nenos ata o ano 2035, co que o mundo estaría máis preto do obxectivo final de rematar coas mortes evitables de nenos. Este obxectivo pode ser alcanzado cun maior esforzo en cinco áreas clave:

  1. Geografía: Aumentar os esforzos nos 24 países nos que se concentra o 80 por cento das mortes de nenos menores de cinco anos.
  2. Grandes poboacionesCentrarse nos sistemas nacionais de saúde para ampliar o acceso ás poboacións marxinadas, e así incluír ás poboacións rurais e de baixos ingresos. ingresos  ingresosiiiiiingiii
  3. Solucións de alto impacto:Abordando as cinco causas que producen case o 60 por cento das mortes infantís: pneumonía, diarrea, malaria, nacementos prematuros e mortes durante o parto.
  4. Educación para as mulleres e as nenas: Incluír a educación das nenas, a autonomía da muller, e promover un crecemento económico inclusivo.
  5. Responsabilidade mutua:Unificar os sistemas de medición en torno a un obxectivo común co fin de seguir o progreso.  

Nesta Chamada á Acción, aos gobernos e aliados pídeselles que se comprometan a apoiar unha promesa renovada, un compromiso para traballar xuntos nos plans nacionais a favor da supervivencia infantil, monitorizando os resultados e prestando maior atención aos nenos máis desfavorecidos e vulnerables. "Temos as ferramentas, os tratamentos e a tecnoloxía para salvar millóns de vidas cada ano, e non hai escusa para non "os" usar, dixo o Director Executivo de UNICEF,Anthony Lake. "Para renovar a promesa realizada aos nenos do mundo, temos que centrarnos nas principais causas de mortalidade infantil como a diarrea, a pneumonía e a malaria, a ampliación da cobertura dos tratamentos de alto impacto e baixo custo, xerar máis innovación e estimular unha maior vontade política para chegar aos nenos aos que máis custa chegar. O grande obxectivo de previr as mortes de nenos debe ser a nosa causa común. "  

"India ten a honra de ser tamén promotor deste chamamento mundial á acción. É unha oportunidade e temos que aproveitala. Aínda que houbo unha diminución constante das taxas de mortalidade infantil en India nos últimos 10 anos, non hai lugar para a compracencia", dixoGhulam Nabi Azad, Ministro de Saúde e Benestar Familiar de India. "A redución da mortalidade neonatal e infantil segue sendo o principal obxectivo da Misión Nacional de Saúde Rural de India. Coas experiencias da India en intervencións a favor da supervivencia infantil, e a magnitude dos programas, o país está ben posicionado para executar iniciativas de supervivencia infantil na rexión Asia-Pacífico ", agregou. "No mundo, non hai dous países que sexan iguais. Polo tanto cada un de nós ten que definir a súa propia folla de ruta para lograr este obxectivo. En Etiopía, reduciuse á metade a taxa de mortalidade de menores de cinco anos de 166 a 88 por 1.000 nacidos vivos só na última década, "dixo o Dr. Tedros Adhanom Ghebreyesus, Ministro de Saúde de Etiopía. "O que podemos prometer ao mundo e aos nosos nenos agora é que Etiopía fará o que poida, como no pasado, para baixar o índice a menos de 20 mortes por cada 1.000 nacidos vivos en 2035. Entón poderemos mirar atrás e dicir que fixemos xustiza a favor dos nosos nenos, e puxemos unha peza importante na historia da humanidade ", agregou. O responsable de USAID Rajiv Shah afirmou: "O desenvolvemento pode estar cheo de problemas e temos poucas maneiras de resolvelos. Axudar un neno a cumprir cinco anos non é un deles. Non é unha cuestión de se o mundo pode poñer fin ás mortes prevenibles de nenos, é cuestión de facelo.

###

Os actos destes dous días serán retransmitidos  en: http://www.apromiserenewed.org

Twitter: #Promise4Children

Gravaranse imaxes de todos os actos e estarán dispoñibles a través deste enlace:

http://weshare.unicef.org/pickup?key=S788e1517-36e8-4ed9-8a56-01a92fc5fa3d

Actualizacións e fotos na páxina deFacebook:

www.facebook.com/APromiseRenewed

Más información:

Peter Smerdon, UNICEF Nova York, Tel. + 1212 303 7984, móvil +1 917 213 5188  [email protected]

Sarah Crowe, Voceiro do Director Executivo de UNICEF , 1 212 326 7206 [email protected]

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel. + 34 91 3788591, móvil +34 609 160 051 [email protected]