O fillo de Leo Messi cumpre un ano e celébrao con UNICEF

Leo Messi, Embaixador de Boa Vontade de UNICEF, invita os seus amigos e seguidores de todo o mundo a sumarse á celebración polo primeiro aniversario do seu fillo Thiago, que terá lugar este sábado 2 de novembro.

"En novembro recibín o mellor regalo do mundo: o nacemento de Thiago. No seu primeiro aniversario, axúdame a lograr que todos os rapaces e rapazas teñan as mesmas oportunidades para vivir, crecer e desenvolverse, dixoMessi no seu convite á acción. "Grazas por sumarte e participar" sinalou.UNICEF creou unha web chamadaLeo e Thiago Messi celebran a vida (www.unicef.org/messithiago), que estará dispoñible ata o 4 de novembro. A través da aplicación, todos poderán unirse a Leo no seu compromiso para que todos os nenos e nenas do mundo poidan crecer coas mesmas posibilidades.Messi asegura que ver crecer o seu fillo comprometeuno aínda máis na súa tarefa para garantir que todos os nenos poidan acceder a unha alimentación axeitada, a vacinas contra enfermidades, a auga potable e a unha educación de calidade. O capitán da selección arxentina de fútbol e xogador estrela doFC Barcelona cre que o mellor regalo que lle pode ofrecer ao seu fillo é axudar a difundir os desafíos que enfrontan millóns de nenos para chegar ao seu primeiro aniversario. O obxectivo da campaña Leo eThiago celebran a vida é concienciar sobre a importancia que ten dar a todos os nenos as mesmas oportunidades para sobrevivir, con especial énfase na equidade, é dicir, en poñer en primeiro lugar os nenos máis vulnerables.

A pesar de que nas últimas décadas a mortalidade infantil se reduciu drasticamente, de 12 millóns en 1990 a 6,6 millóns en 2012, na actualidade seguen morrendo 18.000 nenos menores de 5 anos cada día, por causas que en boa medida se poden tratar e previr. Na web www.unicef.org/messithiago os participantes poden obter información sobre a iniciativa e converterse en campións de UNICEF, compartindo o enlace coa maior cantidade posible de amigos a través das redes sociais. Os que máis mensaxes difundan poderán gañar unhas botas de fútbol usadas e autografiadas polo propioLeo e unha camiseta tamén asinada polo goleador arxentino.

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55 [email protected]