O Duque e a Duquesa de Cambridge visitan o Centro de subministracións de emerxencia de UNICEF en Copenhaguen para poñer de relevo a desesperada situación dos nenos no leste de África

O mércores 2 de novembro de 2011 o Duque e a Duquesa de Cambridge farán unha visita especial ao Centro de Subministracións de UNICEF en Copenhaguen para volver chamar a atención sobre a crise humanitaria do leste de África, que provocou que 320.000 nenos estean tan gravemente desnutridos que están en risco inminente de morrer de fame a menos que consigan axuda urxente.

O Centro de Subministracións de UNICEF conta cun almacén no seu interior do tamaño de tres campos de fútbol. Almacena, envasa e distribúe subministracións esenciais para os nenos de todo o mundo, incluíndo alimentos, auga, subministracións nutricionais especiais para os nenos máis desnutridos, vacinas e material médico de urxencia. O Duque e a Duquesa de Cambridgeestarán acompañados durante a visita polo Príncipe Herdeiro e a Princesa de Dinamarca. As súas Altezas Reais pretenden concienciar xuntos sobre a crise do leste de África, unha zona ben coñecida polo Duque e a Duquesa de Cambridge, e animar a poboación a colaborar na petición de fondos realizada porUNICEF para axudar a millóns de nenos que se encontran en perigo. A sociedade española foi moi xenerosa na súa resposta ante a desvastadora crise que sofre África do leste, e as subministracións vitais xa foron chegando aos nenos e as familias afectadas. Ata o momento, UNICEF entregou máis de 10.000 toneladas métricas de subministracións na rexión, tratou 108.000 nenos con desnutrición severa nos centros de alimentación terapéutica, 1,2 millóns de nenos foron vacinados contra o sarampelo e proporcionou acceso a auga potable para 2,2 millóns de persoas.

Non obstante, a rexión está a experimentar a peor seca en décadas e aínda queda moito por facer para axudar aos miles de nenos que necesitan axuda médica e nutricional urxente. O Director Rexional e Coordinador de Emerxencia para África Oriental e Meridional de UNICEF,Elhadj As Sy asegurou que "nestes momentos UNICEF, xunto con moitos outros aliados, está a traballar sen descanso para asegurar que se salvan as vidas dos nenos do Leste de África. Cada día, os nenos reciben comida e auga grazas á enorme xenerosidade da poboación de todo o mundo.

Non obstante, hai moito máis por facer. Mentres estamos a falar, máis de 320.000 nenos están en grave perigo e necesitan subministracións vitais de emerxencia, como os que están a ser enviados actualmente por mar e aire dende o noso almacén. Necesitamos desesperadamente que cada persoa nos axude a continuar co noso traballo, así que por favor faga o seu donativo hoxe a través da webwww.eastafricacrisis.org “

Tamén se pode colaborar coa emerxencia nutricional no Corno de África, enviando unha mensaxe coa palabra SOMALIA ao 28028 * *.

 

Más información:

Os medios que desexen acreditarse para cubrir a visita do Duque e a Duquesa de Cambridge ao Centro de Subministracións de UNICEF en Copenhaguen, por favor contacten con Dailo Allí, xefe de prensa de UNICEF España: 609 160 051 / [email protected]