O conflito en Nixeria deixa a máis dun millón de nenos fóra da escola

Aínda que algúns centros educativos están a volver a abrir as súas portas, a inseguridade segue sendo un obstáculo para a educación

A violencia e os ataques contra a poboación civil no nordés de Nixeria e nos países veciños han forzado a máis dun millón de nenos a abandonar a escola, segundo UNICEF. 

Estes nenos que están a perder a súa educación debido ao conflito únense aos 11 millóns que xa estaban fóra da escola primaria en Nixeria, Camerún, Chad e Níxer antes do comezo da crise.
 
"É unha cifra abafadora", di Manuel Fontaine, director rexional de UNICEF en África Occidental e Central. "O conflito supuxo un duro golpe para a educación na rexión, e a violencia deixou a moitos nenos fóra das aulas durante máis dun ano, póndolles en risco de abandonar completamente a escola".
 
Máis de 2.000 escolas seguen pechadas ?algunhas levan así máis dun ano- en Nixeria, Camerún, Chad e Níxer debido ao conflito, e centos delas sufriron ataques, saqueos ou incendios. No extremo norte de Camerún, só una das 135 escolas pechadas en 2014 reabriu este ano.
 
No nordés de Nixeria UNICEF deu apoio a 170.000 nenos que puideron renovar a súa educación nas zonas máis seguras do tres estados máis afectados polo conflito, onde a maioría de escolas puideron reabrir. Con todo moitas aulas están masificadas, xa que algúns centros educativos seguen sendo o fogar de moitas persoas desprazadas en busca de refuxio. Nestas áreas algúns profesores desprazados, que tamén fuxiron da violencia, están comprometidos coa escolarización e a miúdo dobran quendas para que máis nenos poidan volver a clase.
 
Noutras zonas a inseguridade, o medo á violencia e os ataques impiden a moitos profesores a continuación das clases, e disuaden aos pais de enviar aos seus fillos á escola. Só en Nixeria uns 600 profesores foron asasinados o levantamento de Boko Haram.
 
"O reto que afrontamos é manter aos nenos seguros sen interromper a súa escolarización", declara Fontaine. "As escolas foron obxectivo dos ataques, e os nenos teñen medo de volver ás aulas. Canto máis tempo pasan fóra da escola, maior é o risco de que sufran abusos, secuestros ou recrutamento por parte de grupos armados".
 
Xunto cos gobernos, ONG e outros aliados, UNICEF estableceu espazos temporais de aprendizaxe e renovou e ampliou as escolas. Isto beneficiou a 67.000 nenos. Ademais UNICEF formou a profesores en apoio psicosocial e proporcionou material escolar a máis de 132.000 nenos desarraigados a causa do conflito, tamén en escolas locais que acollen a estudantes desprazados.
 
Con todo, as restricións de seguridade e a falta de fondos obstaculizan os servizos de acceso á educación e a distribución de materiais de aprendizaxe de emerxencia. Até agora, UNICEF recibiu o 44% dos fondos necesarios para responder en 2015 ás necesidades humanitarias dos nenos en Níxer, Nixeria, Camerún e Chad.
 
En 2016 UNICEF necesitará preto de 23 millóns de dólares (21 millóns de euros) para proporcionar acceso á educación aos nenos afectados polos conflitos no catro países, a maioría dos cales vive ao redor da rexión de Lago Chad.

Para acceder a fotos e vídeos:

http://uni.cf/1NU246A

Más información:

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas partes.