O compromiso de Líbano cos nenos refuxiados de Sirya debe ir acompañado de maior investimento internacional nos servizos públicos do país

Declaración do Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake

A xenerosidade de Líbano, que apoia máis de 400.000 nenos refuxiados de Sirya, debe ir acompañada dun maior investimento internacional en servizos públicos como a educación, dixo o Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake, ao concluír a súa visita a este país.

"Líbano reafirmou un gran compromiso co coidado dos nenos que foxen de Sirya, a pesar do aumento da presión que isto leva consigo sobre servizos públicos como a sanidade e a educación", dixo Lake. "A comunidade internacional non ten só unha obriga humanitaria cos nenos, senón que ademais ten a responsabilidade de acompañar o compromiso de Líbano, investindo máis en servizos que beneficien a todos os nenos deste país, tanto aos refuxiados coma aos das comunidades de acollida. " Durante as reunións celebradas co presidente libanés, Su Excelencia el General Michel Sleiman, e o primeiro ministro, A súa Excelencia Najib Mikati, Lake reafirmou o apoio continuado de UNICEF nas áreas de saúde, nutrición, educación, auga, saneamento, hixiene e protección a través de programas dirixidos aos nenos máis vulnerables que se encontran nalgunhas das comunidades máis pobres de Líbano. Ademais mostraron unha especial preocupación polo impacto que terán os meses de inverno que se aproximan, e a necesidade de tomar medidas urxentes de cara a este período especialmente complicado. "Coñecín profesores libaneses que traballan sen descanso para ofrecer unha educación de calidade a moitos máis nenos do que nunca imaxinaron nas súas aulas", dixo Lake. "E coñecín os nenos sirios que viven nos asentamentos de tendas de campaña que aínda soñan con volver ver os seus fogares e os seus xoguetes. " "Un sente unha mestura de alegría ao ver os avances realizados e os sorrisos destes valentes nenos, pero tamén angustía ao escoitar as historias sobre as perdas sufridas. Todos debemos facer máis para apoiar a unha xeración de nenos que construirá o futuro desta rexión".UNICEF e outros organismos que traballan cos nenos afectados polo conflito en Sirya advertiron sobre o impacto a longo prazo que provocará o trauma sufrido por moitos nenos, polo que instan a poñer máis atención aos programas de educación e apoio psicolóxico, ademais dos servizos de supervivencia.

Máis información sobre a crise de Sirya:

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/crisis-en-siria

Más información:

Dailo Alli, xefe de prensa de UNICEF España, 609 160 051, [email protected]