O campión do mundo de tenis, Novak Djokovic, Embaixador de UNICEF Serbia

UNICEF anunciou hoxe que o tenista número un do mundo, Novak Djokovic, foi nomeado Embaixador de UNICEF Serbia. Esta alianza permitirá a Djokovic, natural de Serbia, continuar co seu esforzo na defensa dos dereitos dos nenos e o seu acceso ao ensino primario. O ás do tenis encóntrase este mes en Nova York competindo no Abierto de Estados Unidos no que pretende conseguir o seu terceiro título de Grand Slam do ano.  

"Séntome moi honrado de colaborar con UNICEF para axudar a aumentar a concienciación sobre a importancia da educación infantil", dixo Djokovic. "Espero traballar con UNICEF para axudar a cambiar as vidas dos nenos en Serbia, en particular aqueles que teñen menos oportunidades de aprender e de desenvolver todo o seu potencial. " "Novak Djokovic é un paso natural paraUNICEF", dixo Rima Salah, Directora Executiva Adxunta de UNICEF. "Está moi preocupado polo benestar dos nenos serbios, poñendo a mesma paixón e entusiasmo que ten pola súa carreira na pista de tenis, para abordar as cuestións que afectan aos nenos. " O traballo de Djokovic como Embaixador Nacional comezará centrándose na educación infantil. Hai abundantes probas que demostran que investindo en oportunidades de aprendizaxe para os nenos se crean unhas bases sólidas que logran mellores resultados para o neno e para a sociedade no seu conxunto. É así para todos os nenos, pero máis aínda para os nenos dos grupos socioeconómicos máis desfavorecidos. En Serbia, menos da metade dos nenos menores de cinco anos asisten a programas de educación infantil, caendo esta cifra a menos dun de cada dez nenos entre os grupos vulnerables. Ampliar o acceso a educación infantil para que chegue a todos os nenos, é cada vez máis recoñecido como unha prioridade clave en Serbia.

Ao aceptar o nomeamento, Djokovic asegurou que "a través do meu traballo con UNICEF, quero axudar os nenos serbios a facer realizar os seus sonos. Quero axudalos a entender que teñen dereitos e que eses dereitos deben ser protexidos. Quero que eles crean que todo é posible".Djokovic comezou a xogar ao tenis aos catro anos de idade e fixo o seu debut profesional aos 16. Dende entón, gañou tres títulos individuais de Grand Slam, o Abiertode Australia en 2008 e 2011, así como o Campionato de Wimbledon 2011, converténdose no primeiro xogador representante de Serbia que gaña un título individual de Grand Slam e o xogador máis novo na nosa era que alcanzou as semifinais de todos os partidos dos catro Grand Slam, por separado e consecutivamente. Entre outros títulos importantes, tamén gañou a Copa Davis 2010. Os Embaixadores de UNICEF son personalidades destacadas e respectadas que promoven os dereitos dos nenos e se mobilizan para apoiar o traballo de UNICEF e os seus aliados. Dende que hai 50 anos recoñecidas personalidades comezasen a traballar con UNICEF, o seu apoio axudou a influír en políticas gobernamentais a favor da infancia, a dar a coñecer a situación dos nenos en todo o mundo e a conseguir fondos para financiar os programas que apoia UNICEF.  

Más información:

 

Dailo Allí
Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55
E-mail: [email protected]