Millóns de nenos necesitan axuda de emerxencia en 45 países

UNICEF solicita 1.400 millóns de dólares (máis de 1.050 millóns de euros) para apoiar os nenos en crises humanitarias neste ano

UNICEF presentou hoxe o seu documento Acción Humanitaria para a Infancia 2013 (HAC nas súas siglas en inglés) que recolle as necesidades humanitarias de millóns de nenos en 45 países afectados por situacións de emerxencia. O HAC tamén recolle as necesidades de financiamento de UNICEF para facer fronte ás necesidades vitais inmediatas destes nenos que sofren as consecuencias de conflitos, desastres naturais e outras emerxencias complexas.

Os fondos solicitados, 1.400 millóns de dólares (máis de 1.050 millóns de euros), tamén se destinarán a mellorar a preparación ante desastres, e ao fortalecemento da capacidade de resistencia das comunidades para facer fronte e minimizar o impacto de novas crises. "Aínda estamos no primeiro mes de 2013, que xa demostrou ser duro para millóns de nenos e nenas que sofren en Sirya e para os refuxiados que fuxiron a países veciños. En Malí e a República Centroafricana produciuse tamén un empeoramento do conflito que ameaza as vidas de nenos e mulleres ", dixo Ted Chaiban, Director da Oficina de Programas de Emerxencia de UNICEF. "Os nenos son extremadamente vulnerables nas situacións de emerxencia, e viven a miúdo en condicións pouco hixiénicas e inseguras, con alto risco de sufrir enfermidades, e casos de violencia, explotación e abandono. " O chamamento analizado en Acción Humanitaria para a Infancia 2013 inclúe países que a diario vemos destacados en medios de comunicación xunto a outros moitos países que reciben menor atención mediática como Chad, Colombia, Etiopía, Filipinas, Somalia e Iemen, pero que tamén requiren atención e asistencia de xeito urxente. "A situación complexa de emerxencia en Sirya centra representa un dos elementos centrais da resposta mundial de emerxencia deUNICEF", dixo Chaiban. "Pero tamén estamos a producir resultados en favor da infancia en situacións de emerxencia altamente problemáticas en todo o mundo, que na súa maioría permanecen esquecidas. " Os 45 países e rexións para os que se solicitan fondos son prioritarios debido á magnitude da crise que sofren, a urxencia do seu impacto en nenos e mulleres, así como pola complexidade e capacidade do traballo de resposta. As contribucións que se realicen este ano permitirán a UNICEF consolidar o traballo desenvolvido o ano pasado. Estes son algúns dos resultados obtidos en emerxencias ata outubro de 2012:

Saúde: 38,3 millóns de nenos vacinados  .
Auga, saneamento e hixiene: 12,4 millóns de persoas tiveron acceso a auga para beber, cociñar e bañarse.

 . Educación: 3 millóns de nenos tiveron acceso a mellores recursos de ensino.
. Protección da Infancia: 2,4 millóns de nenos recibiron servizos de protección infantil.
. Nutrición: 2 millóns de nenos foron tratados contra a desnutrición severa e aguda. . VIH e SIDA: 1 millón de persoas tiveron acceso aos servizos de análise, asesoramento e derivación para tratamento.

En 2012, debido á falta de fondos nalgúns países como Madagascar e Colombia non se puideron cubrir moitas necesidades. En moitos países, a falta de acceso ou de seguridade e as limitacións dos colaboradores son impedimentos importantes para poder prestar asistencia humanitaria. "As contribucións ao chamamento son investimentos sólidos nos nenos e no seu futuro", dixo Chaiban. "UNICEF trata de conseguir recursos non condicionados para facilitar a resposta da organización nas situacións de emerxencia que reciben un escaso financiamento en xeral ou alí onde as necesidades son maiores, para aplicar solucións innovadoras a situacións complexas, e para integrar a recuperación temperá en situacións de emerxencia de grande escala, moitas das cales afectan a varios países ao mesmo tempo".

Para descargar o documento Acción Humanitaria para a Infancia 2013:

http://www.unicef.es/actualidad-documentacion/publicaciones/accion-humanitaria-para-la-infancia-2013

Para contribuír á acción humanitaria deUNICEF en 2013:  

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/fondo-de-emergencias

Fotos e videos en alta calidade:

https://unicefweb.unicef.es/com/emergencias

Usuario:     Refcom

Contrasinal:   uce442087

Más información:

Dailo Alli, Xefe de Prensa UNICEF España, Tel: +34 609 160 051,[email protected]