Millóns de nenos e nenas seguen sen ter acceso á xustiza

Millóns de nenos e nenas de todo o mundo sofren a vulneración dos seus dereitos, pero só uns poucos teñen oportunidade de recorrer á xustiza para mellorar a súa situación dun modo oportuno, equitativo e eficaz, manifestou hoxe UNICEF.

A denegación do dereito á atención sanitaria e á educación de calidade, ou do dereito á protección fronte ao maltrato, a violencia e a explotación son algúns exemplos destas vulneracións, que en ocasións perpetran as persoas máis próximas a eles. Sen acceso á xustiza, os nenos non poden ocupar o lugar que lles corresponde na sociedade. No día de hoxe, UNICEF exhortou os gobernos a recoñecer que os nenos enfrontan barreiras especiais á hora de recorrer á xustiza en busca da satisfacción dos seus dereitos. A mera ampliación das medidas concibidas para os adultos resulta insuficiente: precísanse medidas específicas de protección orientadas á infancia. "Un acceso equitativo á xustiza significa garantir que todos os nenos reciban o beneficio e a protección dos sistemas de xustiza", declarou Marie-Pierre Poirier, Directora Rexional de UNICEF para Europa Central e do Leste e a Comunidade de Estados Independentes. "Non obstante, a infancia continúa enfrontando barreiras enormes". "Nas normas sociais da maior parte dos países considérase inaceptable, cultural e socialmente, que un neno formule unha reclamación sen o consentimento dos seus proxenitores. A noción de acceso á xustiza é inconcibible ata para os propios nenos", engadiu. A Srta. Poirier interveu como membro dun grupo de expertos na reunión anual de día completo sobre os Dereitos do Neno, celebrada en ocasión do 25º período ordinario de sesións do Consello de Dereitos Humanos. É o primeiro evento que se celebra no Consello de Dereitos Humanos centrado no acceso da infancia á xustiza e o papel fundamental que pode desempeñar na habilitación dos nenos para reivindicar os seus dereitos. Aínda que todos os nenos encontran obstáculos no acceso á xustiza, os que padecen minusvalideces, os que pertencen a minorías étnicas e as nenas experimentan polo xeral máis dificultades que o resto.

 O acceso á xustiza para todos os nenos comporta repercusións de longo alcance en moitos aspectos da súa vida. Pode facer posible a impugnación de decisións que dispoñen a separación dos nenos dos seus proxenitores. Pode facer que se restablezan prestacións sociais que axudan a que as familias se ocupen dos seus fillos, e que se revoguen decisións discriminatorias que estigmatizan a grupos étnicos ou relixiosos. Tamén pode facer que os nenos regresen á escola e que reciban atención sanitaria cando estes dereitos lles son denegados. Outra faceta importante do debate é a obriga que recae na sociedade de concibir uns sistemas xudiciais que teñan en conta as necesidades da infancia, en consonancia coas normas internacionais. A Srta. Poirier mencionou algúns exemplos de avances logrados neste sentido, como o acondicionamento dos tribunais e as comisarías de policía co fin de que resulten menos intimidantes, a capacitación de funcionarios de policía, xuíces, maxistrados para comunicarse cos nenos de xeito sensible, e a instauración de medidas de protección como a de evitar o contacto entre o neno e o presunto perpetrador. Nunha publicación recente de UNICEF,Insights: Childrights in Central and Eastern Europeand Central Asia - Promoting equitableaccess tojustice for all children recoméndase aumentar os esforzos orientados a lograr que os sistemas xudiciais teñan en conta as necesidades da infancia e facultar as familias e os nenos co fin de que poidan:
 

  • beneficiarse duns procedementos adaptados que apliquen profesionais con capacitación;
  • recibir asesoramento xurídico e social por medio de centros dedicados aos dereitos da infancia e centros de asistencia xurídica, e así coñecer que dereitos de protección lles asisten por lei;
  • obter información sobre canles de reparación tales como a oficina do ombudsman ou outras dependencias administrativas e foros extraoficiais;
  • ser remitidos aos servizos axeitados (por exemplo, un avogado, un médico ou un psicólogo); o unalgúns casos, recibir asesoramento xurídico directo co fin de instar un procedemento xudicial.

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España

+34 609160051

[email protected]

John Budd

Xefe de Comunicación de UNICEF para a rexión de Europa Central e do Este e a Comunidade de Estados Independientes

Tel: +41 22 909 5429  Móvil: +41 79 431 1537

Lely Djuhari

Especialista en comunicación de UNICEF para a rexión de Europa Central e do Este e a Comunidade de Estados Independientes

Tel: +41 22 909 5433 Móvil: +41 792 044482.

[email protected]