Miles de nenos seguen necesitando atención e apoio tras a epidemia de ébola

Liberia anunciou o fin da transmisión do virus no país

Preto de 23.000 nenos que perderon a un ou ambos os proxenitores ou aos seus coidadores a causa do ébola en Guinea, Liberia e Serra Leona continúan necesitando coidados e apoio. Así o dixo UNICEF, á vez que celebra a declaración de que xa non hai máis casos da enfermidade en África Occidental. 

A declaración hoxe de que Liberia está libre da transmisión do ébola, tras cumprirse o período de 42 días sen ningún caso da enfermidade, chega tras a de Guinea en decembro, e a de Serra Leona en novembro. Agora o país comeza unha fase de intensa vixilancia, que durará tres meses.
 
"Frear esta epidemia foi un logro, pero non podemos esquecer o terrible impacto do ébola nestes países", dixo Manuel Fontaine, director rexional de UNICEF para África Occidental e Central. "Moitas persoas continúan sufrindo, especialmente os nenos cuxas vidas quedaron aínda máis vulnerables debido ao virus".
 
A gran maioría dos nenos cuxos pais ou coidadores morreron a causa do ébola foron acollidos por familiares próximos, parentes ou outros membros das súas comunidades. É fundamental seguir apoiándolles máis aló da fase de emerxencia, a través de axudas económicas, apoio escolar, roupa e alimentos durante o período de transición, e apoio a outras modalidades de atención familiar.
 
Desde que se produciu o brote de ébola hai dous anos infectáronse 28.637 persoas, das que 4.767 son nenos. Un total de 11.315 persoas perderon a vida a causa do virus -3.508 delas nenos o que supón unha de cada catro mortes.
 
Ademais, máis de 1.260 nenos que sobreviviron a enfermidade neste tres países enfróntanse a retos tanto médicos como sociais, xa que moitos loitan para ser aceptados de volta nas súas comunidades.
 
"O ébola supuxo unha experiencia aterradora para os nenos", dixo Fontaine. "Debémoslles, a eles e a todas as persoas de Guinea, Liberia e Serra Leona, o continuar apoiándolles mentres se recuperan dos efectos devastadores que esta enfermidade tivo nas súas vidas," engadiu.
 
O apoio de UNICEF aos nenos máis vulnerables no tres países ten como obxectivo reforzar os sistemas de protección infantil. Isto implica garantir que as autoridades poidan proporcionar servizos como apoio psicosocial, localización e reunificación familiar, coidado alternativo ou temporal, e unha rede de servizos estatais e comunitarios para previr e responder ante abusos e violencia contra os nenos, que están en maior risco.
 
Ademais UNICEF continuará apoiando campañas de control e sensibilización, así como equipos de resposta rápida que realicen unha vixilancia activa, mobilización social e illamento temperán, e que fornezan servizos básicos sanitarios, nutricionais, e de auga, hixiene e saneamento.
 
UNICEF fai un chamamento por valor de 15 millóns de dólares (13,7 millóns de euros) para financiar as accións de emerxencia relacionadas co ébola en Guinea, Liberia e Serra Leona entre xaneiro e marzo de 2016. Estes fondos cubrirían só as necesidades inmediatas, non o traballo de recuperación tras o ébola.

Fotos e vídeos dispoñibles aquí:http://uni.cf/1xZAb39

Nota para editores:

Ensaio fotográficoO meu ébola’, no que 21 persoas afectadas polo ébola en Liberia, Guinea e Serra Leona contan a súa historia (coas súas propias palabras): https://medium.com/@UNICEF/4a6a58e0bd20

Más información:

John James, UNICEF Serra Leona, [email protected], Tel: + 232 76 102 401

Rukshan Ratnam, UNICEF Liberia, [email protected]; Tel: + (231) 770 257110

Timothy La Rose, UNICEF Guinea, [email protected]; Tel: (+224) 622 350 251

Thierry Delvigne-Jean, UNICEF África Occidental e Central, Tel: +221 33 869 5862 [email protected]

Diana Valcárcel, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]