Manter a salvo aos nenos é fundamental tras o paso do tifón Haiyán
Os primeiros Espazos Amigos da Infancia foron instalados para ofrecer protección aos nenosManter os superviventes máis novos do tifón Haiyán seguros e protexidos é prioritario mentres se reconstrúen os seus fogares e comunidades tras a desvastadora tormenta, segundo UNICEF.
UNICEF e o Departamento de Benestar Social e Desenvolvemento da cidade de Tacloban abrirán o mércores o primeiro Espazo Amigo da Infancia nesa cidade, en colaboración con Save the Children. Este espazo é un dos doce que están previstos na rexión. "A supervivencia infantil non ten que ver só coa saúde dos nenos, a súa educación ou o benestar psicolóxico, senón que tamén se trata de asegurar que a súa seguridade sexa considerada algo prioritario", dixo o Representante de UNICEF en Filipinas, Tomoo Hozumi. "Estes espazos -os primeiros dos moitos que temos previsto abrir- son lugares nos que os nenos poden empezar a recuperarse tras a perda de seres queridos e o cambio drástico que sufriron, e ademais os axudan a reducir os riscos de sufrir trata, explotación e outros danos. "UNICEF proporciona tendas de campaña, kits de recreación e subministracións para o desenvolvemento da primeira infancia, mentres que o goberno local garante a presenza de coidadores. Proximamente incorporará traballadores sociais, animadores e voluntarios. Os nenos de idades comprendidas entre 3 e 15 anos poderán participar en actividades apropiadas para a súa idade, como xogos, deporte, aprendizaxe informal e grupos de discusión, que teñen como obxectivo garantir a súa recuperación. Está previsto que o próximo espazo se instale no aeroporto, despois no Tacloban Astrodome e posteriormente nunha escola primaria na que xa comezou a limpeza de entullos para preparar o lugar. Os pais e membros da comunidade están a contribuír moi activamente á posta en marcha e funcionamento destes espazos. Grazas a algúns televisores, radios, ordenadores e fontes de enerxía que seguen funcionando a pesar do tifón, UNICEF e os seus aliados están a difundir mensaxes á poboación afectada, aconsellando aos pais sobre como manter os seus fillos seguros dadas as situacións actuais, e así evitar separacións accidentais e tamén apoiar os nenos no seu proceso de recuperación psicosocial.
Ademais dos Espazos Amigos da Infancia, UNICEF distribuíu 30 tendas a Tacloban que serán usadas como "tendas de campaña para bebés" onde as mulleres embarazadas e as nais lactantes reciban asesoramento e orientación sobre a lactación materna e a nutrición do neno. "Manter a nai e o bebé sans é outra prioridade dada esta situación de emerxencia", dixo Hozumi. "A lactación materna é a forma máis eficaz para que os recén nacidos reciban os nutrientes que necesitan, e o leite materno tamén proporciona protección ante enfermidades. " "As nais necesitan apoio e ánimo para poder dar o peito aos seus fillos no medio de tanta tensión e teñen que ser conscientes dos enormes riscos que leva consigo a utilización de sucedáneos de leite en po que teñen un alto risco de provocar infeccións, desnutrición, enfermidades e mesmo a morte. "Calquera persoa pode colaborar con este traballo a través de UNICEF Comité Español:
- Enviando un SMS** coa palabra UNICEF ao 28028
- Realizando a súa contribución a través de www.unicef.es
- Chamando al 900 907 900
- Nas siguientes cuentas bancarias:
BBVA 0182 2370 40 0208517159
Caixabank 2100 5731 70 0200005001
Santander 0049 1804 16 2610410756
Banesto 0030 8301 78 0000046271
ING Direct 1465 0100 95 6000000000
Máis información sobre a emerxencia en Filipinas: