Máis dun millón de nenos necesitan tratamento contra a desnutrición no Sahel

Hai meses que UNICEF intensificou o seu traballo nos países afectados, tratando de evitar un agravamento da situación

Máis dun millón de nenos menores de 5 anos necesitan recibir tratamento contra a desnutrición aguda grave na rexión africana do Sahel, polo que o Fondo de Nacións Unidas para a Infancia, UNICEF, intensificou o seu traballo na zona nos últimos meses.

A escaseza de chuvias prexudicou as colleitas e deixou en situación precaria comunidades enteiras. Nalgunhas zonas de Níxer, por exemplo, a colleita de cereais deste ano perdeuse completamente, e noutras estará un 14% por debaixo das necesidades de consumo da poboación. Existen ademais importantes agravantes, como a suba do prezo dos alimentos, entre outras causas significativas. Segundo a análise de situación realizada polos equipos de nutrición de UNICEF, sete dos oito países da zona presentan focos con taxas elevadas de desnutrición en nenos menores de 5 anos. Os índices de desnutrición nas rexións máis secas de Chad e Mauritania, Níxer ou Mali, xa requiren unha resposta de emerxencia. No resto de países da rexión, Burkina Faso, Senegal, o norte de Camerún e Nixeria, comunidades enteiras tamén están en risco. É posible evitar a desnutrición, con medidas preventivas e cun tratamento efectivo, grazas ao alimento terapéutico. Os esforzos deUNICEF e os seus aliados no terreo céntranse agora en conseguir suficiente cantidade de alimento terapéutico de cara ás crecentes necesidades que se prevén para os próximos meses e, así, evitar unha escalada da emerxencia. Á parte do aprovisionamento de alimento terapéutico, trabállase en medidas de prevención como a promoción de hábitos saudables de alimentación infantil que poden evitar casos de desnutrición, e as familias máis vulnerables está a recibir achegas en efectivo.

Unha desas familias é a de Halima Isaka, de Níxer, quen explica que "a colleita deste ano foi tan mala que nin sequera nos durou 3 meses. Levamos tres anos con escaseza de chuvias nesta zona, non temos suficientes alimentos para sustentar a nosa familia". As achegas en efectivo permitiron a compra de comida para a familia: "Antes de que recibísemos este diñeiro, vímonos obrigados a recoller follas de arbustos para alimentar os nosos fillos", indicou Halima.UNICEF espera empezar a recibir o apoio de doadores de todo o mundo para prestar axuda ás familias afectadas, como a de Halima Isaka, e fortalecer a capacidade dos gobernos implicados para que poidan responder ás necesidades da poboación en crise alimentaria.UNICEF España abriu xa vías de colaboración para todos aqueles que queiran contribuír a evitar que a situación se agrave aínda máis no Sahel:  

https://www.unicef.es/cooperacion-internacional/donar-ong/hacer-donacion/crisis-alimentaria-en-el-sahel

Fotos e videos dispoñibles:  

https://unicefweb.unicef.es/com/sahel

Usuario:   Refcom

Contrasinal: uce442087

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55/ [email protected]