Máis de 4 millóns de nenos en risco polo impacto do Furacán Matthew en Haití, segundo UNICEF

Máis de 4 millóns de nenos poden quedar expostos aos danos que ocasione o Furacán Matthew, mentres a tormenta de categoría 4 toca terra na empobrecida illa caribeña, segundo anuncia hoxe UNICEF.

"Esta é a peor tormenta que Haití viu en décadas. Os danos serán, sen ningunha dúbida, importantes", afirmaba Marc Vincent, representante de UNICEF en Haití

"As enfermidades transmitidas pola auga son a primeira ameaza para os nenos nestas situacións, a nosa primeira prioridade é asegurar que os nenos teñen suficiente auga potable".
 
Fortes ventos e augas torrenciais golpean a illa, aumentando o risco de inundacións e deslizamientos de terra. O aeroporto permanece pechado e pediuse que os nenos queden en casa sen ir ao colexio, especialmente desde que moitos colexios están a ser usados como refuxios de evacuación.   
 
Haití está aínda recuperándose do terremoto de 2010, con 55.000 persoas que aínda viven en refuxios. A costa sur, onde se espera que a tormenta golpee con máis forza, é unha das zonas máis pobres e densamente poboadas do país. 
 
Nun país onde menos de 1 de cada 5 persoas nas áreas rurais ten acceso a un saneamento mellorado, e o 40% das persoas fai uso de fontes de auga non seguras, témese que o furacán empeore unha situación de seu precaria.
 
O cólera é endémico enUNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas partes.  
 
Haití, e con máis de 27.000 posibles casos de cólera rexistrados xa este ano, con estimacións de que 1/3 son nenos, calquera dano contra as infraestruturas de auga e saneamento, ou desprazamentos a gran escala poderían pór aos nenos e as familias nun risco maior de infección.
 
UNICEF está a traballar para apoiar a resposta humanitaria do Goberno. As subministracións para salvar a vida de 10.000 persoas están xa sobre o terreo e listos para ser distribuídos ás familias máis afectadas nas zonas máis golpeadas. Estas subministracións inclúen bidóns de auga e pastillas potabilizadoras, kits de hixiene e mosquiteras.
 

Acerca de UNICEF

UNICEF promueve los derechos y el bienestar de todos los niños y niñas en todo lo que hacemos. Junto a nuestros aliados, trabajamos en 190 países y territorios para transformar este compromiso en acciones prácticas, centrando especialmente nuestros esfuerzos en llegar a los niños más vulnerables y excluidos para el beneficio de todos los niños, en todas partes.  

Más información:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]

 

www.unicef.es

Síguenos en  Facebook  Twitter Youtube Instagram

snapcode unicef peque

@unicef_es