Máis de 112.000 nenos afectados polas inundacións en Myanmar

UNICEF fixo un chamamento de 9,2 millóns de dólares para facer chegar asistencia humanitaria urxente aos nenos afectados polas inundacións en Myanmar. Ata o momento, as inundacións causaron a morte de polo menos 88 persoas e afectado a máis de 330.000, das que máis de 112.000 son nenos. As necesidades máis urxentes inclúen acceso a fontes de saneamento e auga seguras e limpas, atención médica de emerxencia e apoio psicosocial para os nenos.

"Nos catro estados e rexións máis afectadas, ChinMagway,Sagaing e Rakhine, as inundacións afectaron aos que xa se encontraban entre os máis vulnerables do país", dixo Shalini Bahuguna, representante interina de UNICEF en Myanmar. "Hoxe estamos a enviar equipos de avaliación ás rexións de Bago e Ayeyarwady, que tamén se viron afectadas, de maneira que poidamos avaliar a situación e asistir aos que máis o necesitan. "

UNICEF está a traballar conxuntamente co Goberno para chegar a todos os nenos afectados en Myanmar. A organización está a apoiar os equipos de avaliación en todo o país e enviou comprimidos de purificación de auga e outros bens esenciais relacionados cos servizos de auga, saneamento e hixiene (WASH), así como subministracións para a saúde ás zonas afectadas.

No estado de Chin, que se viu illado do resto do país debido en gran parte aos danos sufridos polas pontes e estradas, UNICEF apoiou a construción de latrinas a partir de materiais de orixe local. Moitos nenos e familias neste estado permanecen en refuxios temporais.

Ata o momento, UNICEF:

·· Apoiado o transporte de 860.000 comprimidos de purificación de auga abastecendo 57.000 persoas durante 15 días.


· Distribuido 6.000 kits de hixiene para aproximadamente 30.000 persoas.

· Distribuido 150 kits de protección da infancia e 40 kits para os espazos amigos da infancia

· Proporcionado sobres de suplemento de micronutrientes para os nenos e as súas familias no estado de Chin.

A medida que a auga vai diminuíndo nalgunhas das zonas máis afectadas polas inundacións de Myanmar, os primeiros labores de recuperación deben centrarse na reconstrución das vidas devastadas de todos os nenos e familias afectadas. Ademais de satisfacer as necesidades inmediatas das familias, as medidas de recuperación teñen que partir dunha visión a longo prazo para protexer os nenos máis vulnerables fronte a crises futuras.

Myanmar é propenso aos desastres naturais como inundacións, ciclóns e terremotos. UNICEF está a traballar en estreita colaboración co Goberno para fortalecer a preparación ante o risco de desastres e a resiliencia das comunidades, incluíndo a protección social inclusiva.

Imos seguir apoiando os esforzos do Goberno para ampliar a protección social a todos os nenos e as familias, e para fortalecer a capacidade das institucións a preparase e afrontar desastres futuros", dixo Bahuguna.

Más información:

Alison Rhodes, Chief of Communication, UNICEF Myanmar, Tel: +95-1-230 5960-69, [email protected]

Hlaing Min Oo, Advocacy Officer, UNICEF Myanmar, Tel: +95 933347679, [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 913789555, [email protected]