Intensificar a acción antes de que acontezan máis traxedias no Mediterráneo

As autoridades deben poñer os intereses dos nenos primeiro, di UNICEF

"As noticias de traxedias no mar Mediterráneo -que deixan centos de persoas, incluíndo nenos, mortas ou desaparecidas- estanse a volver demasiado frecuentes e o custo humano é demasiado alto.

Dous incidentes fatais no Mediterráneo en dous días recalcan a necesidade dunha acción rápida, colectiva e valente. Miles de persoas fixeron unha viaxe perigosa a Europa -dende homes e mulleres, ás veces familias enteiras en busca de seguridade e oportunidades en Europa, a adolescentes e nenos- fuxindo de conflitos brutais como o de Sirya. Polo menos 1.600 morreron no que vai de ano, antes mesmo de pisar chan europeo.

Os nenos que fan estas viaxes están expostos ao abuso, á explotación, a unha posible morte e, se sobreviven, a miúdo quedan en condicións inseguras e inadecuadas, e/ou criminalizar. Isto supón unha violación da Convención sobre os Dereitos do Neno.

Pedimos que todas as accións sexan guiadas polo interese de cada un destes nenos, en cada etapa do camiño. Sen importar o seu status de refuxiado ou emigrante, os nenos deben ser atendidos nun lugar seguro -e non en centros de detención- con acceso a educación, saúde, servizos legais e sociais coa plena aplicación das salvagardas existentes, especialmente para os máis vulnerables.

Co comezo do bo tempo en Europa, cando as cifras de emigrantes adoitan aumentar, unha acción decisiva podería evitar máis mortes sen sentido. Isto significa manter as garantías xa existentes da Unión Europea para os menores non acompañados, reforzar as capacidades de busca e rescate para salvar e protexer vidas, perseguir os que trafican con persoas, e abordar as causas fundamentais da migración nos países de orixe -conflito, pobreza e discriminación- para evitar máis perdas tráxicas".

Más información:

Sarah Crowe, UNICEF Nova York +1-646-209-1590, [email protected]

Melanie Sharpe, UNICEF Nova York +1 917-251-7670 [email protected]

Christophe Boulierac UNICEF Xenebra +41 22 909 5716 / +41 799 639 244 [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]