A innovadora película "O Comezo da Vida" proxectarase en todo o mundo en transmisión en vivo e en plataformas multimedia

O comezo da vida, unha innovadora longametraxe documental que explora as repercusións que ten a contorna temperá do neno sobre o seu desenvolvemento cognitivo, social e emocional proxectarase en todo o mundo en Netflix, iTunes e Google Play o 1 de xuño de 2016.

A película recibe apoio de UNICEF e conta con aparicións como a da modelo Gisele Bündchen e o gañador do Premio Nobel de Ciencias Económicas, James Heckman. É unha creación do director Ronsel Renner (Way Beyond Weight), e foi producida por Maria Farinha Filmes, con sede en Brasil.

O documental de 90 minutos, realízase en resposta aos avances da neurociencia que permitiron descubrir o papel crucial que desempeñan os primeiros anos de vida dos nenos á hora de determinar o seu desenvolvemento futuro.
 
Filmado en Arxentina, Brasil, Canadá, China, Estados Unidos, Francia, Italia e Kenia, O comezo da vida documenta os primeiros anos da vida dunha serie de nenos e nenas, e das súas familias, e presenta entrevistas con especialistas en desenvolvemento na primeira infancia.
 
"Un desenvolvemento eficaz do neno na primeira infancia prodúcese cando os nenos senten que lles alentan, que lles coidan, que lles protexen e que lles aman. Cando os nenos reciben todos estes elementos fundamentais nos anos de formación das súas vidas, teñen as mellores oportunidades posibles de desenvolverse plenamente", dixo Pia Britto, directora para o desenvolvemento na primeira infancia de UNICEF.
 
"Esta fermosa película, que estamos tan orgullosos de apoiar, describe como as contornas sociais son tan importantes como os factores xenéticos para o desenvolvemento dos nenos. Esta evidencia debería obrigar aos gobernos e aos responsables políticos a actuar agora e a dar prioridade ao investimento nos primeiros anos de vida dos nenos: desde a crianza até os programas de atención e aprendizaxe temperá para todos os nenos", dixo Britto.
 
As familias protagonistas proceden de distintas orixes culturais, étnicos e sociais, como Gisele Bündchen, de Brasil, e Phula, unha nena que coida soa dos seus irmáns na India. A película explora temas como a licenza por maternidade, a función do pai, a crianza conxunta dos fillos, a pobreza, os dereitos do neno, a violencia e o abandono e ofrece unha base e forma orixinal de comprender o desenvolvemento na primeira infancia.
 
Para a directora da película, Ronsel Rener "Tanto para ben como para mal, os recordos emocionais teñen un peso moito maior durante este período, que é un tempo de formación, de creación e de estructuración dos individuos".
 
O gañador do Premio Nobel en Ciencias Económicas, James Heckman, ofrece o seu testemuño na película, dicindo que "coidar apropiadamente aos nosos bebés é o mellor investimento que se pode facer a favor da humanidade".
 
Ademais de UNICEF, a película tamén recibiu apoio da FundaciónMaria Cecília Souto Vidigal, a Fundación Bernard Van Ler e o Instituto Alana. Foi dobrada en seis idiomas e subtitulada en 21.

Para a redacción:

Servicio:

Título: O principio da vida (www.thebeginningoflife.com)

Data de estreo: 1 de juño de 2016 (Netflix, iTunes e Google Play)

Duración: 90 min.

Lugares de filmación: Estados Unidos, Brasil, China, Francia, Italia, Arxentina, Kenya, India e Canadá.

 

Créditos

Dirixida por: Estela Renner

Edición de: Jordana Berg

Escritora: Estela Renner

Directora de fotografía: Janice D'Ávila

Productora: Maria Farinha Filmes, Estela Renner, Luana Lobo y Marcos Nisti

Asistente de dirección: Mari Mitre

Directora de producción: Juliana Borges

Banda sonora: Ed Côrtes

Historia: Ana Lucia Villela y Estela Renner

Presentado por: Fundación Maria Cecília Souto Vidigal, Fundación Bernard Van Leer, Instituto Alana y UNICEF

Tráiler: https://www.youtube.com/watch?v=LHqUMqvL1RQ  

Aquí  pódense descargar videos condensados:https://www.dropbox.com/sh/1pfyaz1osedfduw/AACtHvF6C9fl7fkgUF2zZQOBa?dl=0

Para descargar imaxes:https://www.dropbox.com/sh/garcqbyhdhhrsch/AAA2Zky2Y6QV00g7FQGQhWN8a/Social%20Network%20image%20kit?dl=0

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que fai. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas partes. 
 

Más información:

Belén de Vicente.

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]

www.unicef.es

Síguenos en  Facebook  Twitter Youtube Instagram

Visita a nosa televisión dixital tv.unicef.es