Iniesta e Ter Stegen conversan cun grupo de nenos sobre deporte e valores

Nun evento organizada por UNICEF e Fútbol Club Barcelona púxose de relevo a importancia do deporte e a educación para o desenvolvemento da infancia

Un grupo de nenos de Los Ángeles, California, gozaron hoxe da oportunidade máxica de coñecer os xogadores do Fútbol Club Barcelona, Andrés Iniesta e Marc-André Ter Stegen, e falar con eles sobre o papel que ten o deporte nas súas vidas e na dos nenos de todo o mundo.

Nun evento organizado por Fútbol Club Barcelona e UNICEF sobre a importancia do deporte e o xogo no crecemento e desenvolvemento dos nenos, Iniesta e Ter Stegen tiveron oportunidade de intercambiar opinións e experiencias cos nenos.

Ante a pregunta espontánea dunha nena sobre que significa para os xogadores levar o logotipo de UNICEF na camiseta, Andrés Iniesta respondeu: "Para nós como persoas, tamén como club é unha honra polos valores que transmite UNICEF, pola importancia de que os nenos máis desfavorecidos teñan a oportunidade de ter acceso á educación. Ogallá os xogadores esteamos ao nivel de UNICEF. Os nenos son o máis bonito que temos. Os que somos pais, sabémolo. Saber que hai nenos que non teñen oportunidades é delicado. "

Pola súa banda Ter Stegen recalcaba a importancia de estudar e de loitar polo que un quere: "Tiven moitos adestradores e cada un deles aconselloume como lograr os meus obxectivos. Pero non abondan só os adestradores, ou o fútbol. A escola foi realmente importante para min. "

Un dos nenos do evento espertou o cariño dos xogadores e da audiencia cando lles preguntou: " Como podería chegar ser como vós cando sexa maior? ".

Amber Hill, responsable da oficina rexional de UNICEF en California afirmou: Todos os nenos teñen dereito a aprender. A visión detrás desta colaboración FCB-UNICEF é un mundo inspirado polo poder da educación de calidade, onde o deporte e o xogo son aspectos esenciais da educación de todos os nenos. "

"Na actualidade os proxectos conxuntos que realizamos con UNICEF céntranse no fomento da educación a través do deporte en Brasil, Ghana, China e Sudáfrica e chegando a máis de 300.000 beneficiarios", indicou Albert Soler, director de relacións internacionais deportivas do FC Barcelona.

Dende 2006, UNICEF e o FCB están unidos para ofrecer programas mediante o
s que chegar a millóns ou nenos e inspirar ao mundo a través da integración do deporte e o xogo na educación como un catalizador para o desenvolvemento dos nenos.

Más información:

UNICEF España: Belén de Vicente, Xefa de Prensa. [email protected], tel. +34 609 160 051

FCB: Marc Parramon, Responsable de Comunicación. [email protected], tel. +34 696 863 845

Chemi Terés, [email protected], tel: 00 34 619 50 84 47

UNICEF Comité de Estados Unidos (US Fund for UNICEF): Andrea Sioris, [email protected], tel. +1 914-907-8630