Importante repunte do número de nenos refuxiados e migrantes que viaxan por Europa

Quen son e que facemos polos máis vulnerables

UNICEF identificou cinco grupos vulnerables entre os nenos refuxiados e migrantes, que alcanzaron unha cifra marca -700 nenos ao día demandan asilo en Europa-, e está a planificar accións específicas para abordar as súas necesidades. 

Dende o verán, o número de nenos e mulleres ha ir aumentando de maneira constante, e non parece que vaia a parar coa chegada do inverno. Non só hai un número total de nenos solicitantes de asilo sen precedentes -214.000 entre xaneiro e setembro deste ano, segundo os últimos datos do Eurostat- senón tamén de nenos en tránsito. En xuño, un de cada dez refuxiados e migrantes que se rexistrou na antiga República Iugoslava de Macedonia tras cruzar a fronteira con Grecia a través de Gevgelija, era un neno. En outubro, os nenos supuñan xa un de cada tres refuxiados e migrantes rexistrados na mesma fronteira.
 
"Os mozos están decididos a lograr unha vida mellor, pero o seu futuro está en xogo mentres atravesan Europa. Non podemos decepcionarlles", dixo Marie-Pierre Poirier, coordinadora especial de UNICEF para a crise de refuxiados e migrantes en Europa. "A cuestión fundamental é: estamos preparados para isto, é Europa adecuada para este propósito, seremos capaces de dar a estes nenos o futuro polo que están a arriscar as súas vidas?".
 
Só en Suecia, o número total de nenos non acompañados que piden asilo é maior que o total do ano pasado en toda Europa: 24.000 nenos non acompañados solicitaron asilo alí.
 
O goberno, UNICEF, ACNUR, Cruz Vermella, os traballadores humanitarios e os traballadores sociais nacionais están a realizar as seguintes accións, que necesitan intensificarse de maneira urxente:
  • 1.    Bebés e nenos pequenos- Necesítase unha rápida preparación para o inverno, para previr enfermidades e mortes; evitar cambios repentinos e impredicibles dos procedementos nas fronteiras.
 
  • 2.    Nenos con discapacidades e necesidades especiais- Tanto se son discapacidades físicas como psíquicas, estes nenos necesitan instalacións adecuadas e servizos especializados.
 
  • 3.    Nenos perdidos- Para evitar que os nenos queden separados das súas familias ou coidadores durante a viaxe, proporcionar un seguimento adecuado a través dos oficiais de protección infantil e intérpretes, e usar un código de seguimento para familias.
 
  • 4.    Nenos que quedan atrás- Os nenos que non teñen os medios económicos, contactos ou redes de apoio para conseguir o diñeiro, son presa dos traficantes e bandas criminais e están expostos á violencia, o abuso sexual e a explotación; necesitan un coidado e protección urxentes, como un titor cualificado, designado polos sistemas de benestar infantil.
 
  • 5.   Adolescentes non acompañados- Na súa maioría son mozos de entre 14 e 17 anos, moitos deles de Afganistán, que non queren ser identificados como nenos non acompañados ou separados. Que continúen a súa viaxe, e así evitar máis danos, podería atender ao seu interese superior. UNICEF avoga por medidas que aumenten a súa seguridade nos centros de aloxamento onde permanecen durante meses mentres esperan que as súas demandas de asilo sexan procesadas (baños separados, iluminación adecuada, persoal as 24 horas os 7 días da semana).
A crise de refuxiados e migrantes é diferente a calquera outra, e expón retos únicos aos programas para nenos e familias que están a viaxar, xa que ás veces pasan simplemente unhas horas nos centros de tránsito. A crise implica dificultades para quen lles están axudando na súa viaxe e protexéndolles contra o abuso e a violación dos seus dereitos.
 
"Cando os países progresan e convértense en membros da Unión Europea cun Produto Interior Bruto forte, créase a idea de que xa non necesitan axuda, pero a crise de refuxiados e migrantes están a cambiar Europa e o modo no que actuamos", dixo Marie-Pierre Poirier. "Refuxiados e migrantes, todos os nenos necesitan protección. En UNICEF estamos preparados para intensificar a nosa colaboración cos gobernos segundo requírano, mentres nos adaptamos a esta crise cambiante e impredicible". 

Más información:

Sarah Crowe, Xefa de Comunicación de Crise, +1 646 209 1590, +41 79 543 80 29, [email protected]

Christophe Boulierac, UNICEF en Xeneba, +41 22 909 5716 / +41 799 639 244, [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]