A hixiene mantén o ébola fóra das aulas

En Guinea, Liberia e Serra Leoa os alumnos inician as súas vacacións de verán mentres se garanten as medidas que axudaron a protexelos fronte ao virus do ébola, mantendo as aulas libres de calquera infección.

Dende que se continuasen as clases ao comezo do ano despois de longos meses de atraso a causa do virus, a posta en marcha de estritos protocolos de hixiene evitou novos casos de contaxio entre estudantes e profesores das escolas nos tres países. En Liberia desinfectáronse dúas escolas como medida de precaución tras a morte dun alumno en xuño de 2015 e a infección doutro en xullo de 2015.

Os protocolos, desenvolvidos por UNICEF e os seus aliados, inclúen a toma de temperatura dos nenos e do persoal da escola á súa chegada e a instalación de puntos para o lavado de mans. Tamén a distribución de millóns de pastillas de xabón e cloro e a formación -a decenas de miles de profesores e persoal administrativo- nos devanditos protocolos e na capacitación para ofrecer apoio psicolóxico.

O establecemento e a implementación destes protocolos ao longo dos tres países levaron meses de preparación.

"O enorme esforzo realizado para facer das escolas un sitio o máis seguro posible fronte á transmisión do ébola parece que mereceu a pena", dixo Geoff Wiffin, representante de UNICEF en Serra Leoa. "Os nenos aprenderon na escola como protexerse a si mesmos e a outros do ébola, e puideron trasladar esas mensaxes aos seus pais e as súas comunidades. Isto xogou un papel esencial na batalla contra a epidemia".

Uns cinco millóns de nenos perderon meses de educación xa que as escolas estiveron pechadas dende xullo de 2014 ata os primeiros meses de 2015 nos tres países máis afectados, que xa tiñan índices baixos de educación. Antes do ébola, o 58% dos nenos ían á escola primaria en Guinea, o 34% en Liberia e o 74% en Serra Leoa.


UNICEF está a traballar para asegurar que os protocolos de prevención do ébola permanecen despois das vacacións e está a dar apoio para que os sistemas de educación sexan máis resistentes, tratando temas como a baixa matriculación, a escaseza de profesores cualificados e o acceso á auga potable. Só un 33% das escolas primarias teñen acceso a auga en Guinea, un 45% en Liberia e un 40% en Serra Leoa. Manter as prácticas de hixiene é fundamental para protexer os nenos doutras enfermidades.

Dado o éxito das medidas, Guinea-Bisáu puxo en marcha protocolos similares como medida de precaución, despois de que se crese que algunhas persoas que tiveran contacto con persoas enfermas na veciña Guinea Conakry poderían ter cruzado a fronteira sen que se lles puidese seguir o rastro.

"Mentres loitamos para chegar a cero casos, tamén debemos pensar no futuro. Necesítanse grandes investimentos para asegurar que as escolas teñen a infraestrutura básica de auga e saneamento", dixo Sheldon Yett, representante de UNICEF e
n Liberia.

GUINEA

LIBERIA

SERRA LEOA

Escolas pechadas

8 de agosto

31 de xullo

17 de xullo

Escolas para reabrir

Despois del 11 de outubro eleccións (tentativo)

7 de setembro

31 de agosto

Proferores formados en prevención de ébola

80.657, incluíndo 15.931 formados por UNICEF

10.000, incluíndo 5.995 formados por UNICEF.

18.338, incluíndo 8.997 formados por UNICEF.

Escolas con equipamento para prevención e hixiene

12.455 (100%), incluíndo 7.176 proporcionado por UNICEF.

4.619 (105%), todos proporcionados por UNICEF. (Inclúe algunhas escuoas que non estaban rexistradas)

8.995 (99%), incluíndo 3.472 escolas con kits de lavado de mans proporcionados por UNICEF xunto xabón e elementos de limpeza

Más información:

Timothy La Rose, UNICEF Guinea: [email protected] +224 622 350 251

Rukshan Ratnam, UNICEF Liberia: [email protected] +231 7702 67110

John James, UNICEF Serra Leoa, [email protected] +232 76 102 401

Tim Irwin, UNICEF Africa occidental e central, [email protected] +221 77 529 1294

Melanie Sharpe, UNICEF Nova York [email protected] +1 917-251-7670

Belén de Vicente, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]