Grande impacto do Baby Shower Mundial de Shakira e Gerard Piqué a favor de UNICEF

Os regalos para salvar vidas doados polos afeccionados e seguidores do Baby Shower Mundial que a cantante e Embaixadora de UNICEF Shakira e o famoso xogador do FC Barcelona Gerard Piqué organizaron con motivo do nacemento do seu segundo fillo serviron para recadar ata o momento case 150.000 dólares, unha cifra que segue en ascenso, dixo hoxe UNICEF.

"Gerard e eu estamos moi felices de saber que tantos nenos se van beneficiar da xenerosidade de todos os que participaron no movemento do Baby Shower Mundial -e que conseguimos suficientes vacinas contra a polio para poder vacinar 40.000 nenos e suficientes paquetes de comida terapéutica para alimentar a outros 15.000- entre outras cousas que agora chegarán aos nenos necesitados", dixo Shakira. "O máis emocionante é que máis de 500 nais organizaron os seus propios Baby Showers, que tamén serviron para axudar un número mesmo maior de nenos en todo o mundo".

UNICEF confirmou que os regalos dos seguidores do Baby Shower Mundial, que se iniciou en xaneiro, beneficiarán a decenas de miles de nenos ao protexelos contra as enfermidades e a malnutrición e proporcionarlles materiais esenciais para a súa supervivencia.

Unhas 71.000 doses de vacinas contra a poliomielite e 65.000 doses de vacinas contra o sarampelo inmunizarán os nenos pequenos contra estas dúas enfermidades potencialmente mortais. Dende os alimentos terapéuticos -para tratar a desnutrición grave nos nenos- ata os colectores portátiles de vacinas para os traballadores da saúde ou os kits de obstetricia, as doazóns continuarán beneficiando aos nenos durante un bo tempo. Os seguidores tamén doaron centos de mantas, que demostraron a súa eficacia en favor da supervivencia dos recén nacidos vulnerables, ao mantelos quentes.

Estes regalos, ademais dos kits de auga para as familias, axudarán a evitar que os nenos sucumban ás diversas enfermidades que os ameazan e que causaron uns 6,3 millóns de mortes infantís en 2013.

Ademais, unhas 500 persoas inscribíronse para celebrar os seus propios Baby Showers, ofrecendo regalos a outros nenos en vez de recibilos para eles. Aliados como The Bump e Baby List mesmo incorporaron permanentemente os regalos de UNICEF na
s súas ofertas de rexistro.

"Esta é unha extraordinaria mostra de xenerosidade por parte dShakira e Gerard, e tamén por parte dos miles de persoas que tomaron o traballo de participar neste evento ofrecendo doazóns a outros", dixo Shanelle Hall, xefe das operacións mundiais de subministración de UNICEF, con sede en Copenhaguen. "Poderíase dicir que este é o maior éxito de Shakira e o gol máis espectacular de Gerard. Estes regalos chegarán a decenas de miles de nenos con subministracións que cambiarán as súas vidas".

Este Baby Shower Mundial é o segundo da parella, que hai dous anos deu a benvida ao nacemento do seu primeiro fillo, Milan, cun Baby Shower para beneficiar aos nenos que o necesitan. Este segundo Baby Shower xa superou as doazóns totais alcanzadas no anterior esforzo.

"Aínda queda moito por facer", dixo Shakira. "A nosa maior esperanza é que o Baby Shower Mundial siga avanzando e que un maior número de nais organicen os seus propios Baby Showers ata que todas as nais e recén nacidos de todo o mundo poidan acceder aos mesmos produtos vitais para gozar dunha infancia segura e saudable".

Se desexa realizar unha doazón, ou celebrar o seu propio Baby Shower, visite

https://www.unicef.es/shakira

Más información:

Marissa Buckanoff, UNICEF Nova York, Tel +1 212 326-7513, Mobile +1 917 345-6425, [email protected]

Rita Ann Wallace, UNICEF Nova York, Tel +1 212 326-7586, Mobile +1 917 213-4034, [email protected]

Amanda Silverman, 42 West, [email protected]

Dvora Englefield, 42 West [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]