Franxa de Gaza. Declaración do Director Executivo de UNICEF Anthony Lake

Outra escola foi atacada en Gaza, e máis nenos morreron nun conflito no que semellante atrocidade se converteu en algo común.

Son demasiados os nenos de Gaza que levan 23 días vivindo entre o medo e o desespero. As billas de auga secáronse e as augas residuais desbordáronse polas rúas, mentres que os traballadores sanitarios tratan de salvar vidas con escasa electricidade e un número insuficiente de medicamentos. Polo menos 245 nenos morreron dende que comezou o conflito. Durante 23 días, os nenos de Israel viviron baixo a ameaza de ataques indiscriminados dirixidos aos seus fogares e as súas veciñanzas. Que esperanza teñen estes nenos -e as súas sociedades- se os adultos non cumpren coa súa responsabilidade de protexelos? Que están a aprender estes nenos acerca do modo en que deben comportarse cando sexan adultos? Polo ben dos nenos, todas as partes no conflito deben entrar en razón, permitir que os traballadores humanitarios axuden aos necesitados e chegar a un acordo para poñer fin a estes ataques agora mesmo, antes de que se perdan máis vidas inocentes, incluíndo as que son as máis inocentes de todas, as dos máis novos,".

Máis información sobre a crise en Gaza:

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/crisis-de-gaza-un-millon-de-ninos-palestinos-en-riesgo-por-la

Más información:

Dailo Alli, UNICEF España, Tel: +34 609 160 051; [email protected]

Catherine Weibel, UNICEF Xerusalén, Tel: + 972 54 77 87 604; [email protected]

Juliette Touma, UNICEF Ammán, Tel: +962-79-826-34-37; [email protected]

Najwa Mekki, UNICEF Nova York, Tel: + 1917 209 1804, [email protected]