Franxa de Gaza. Declaración de Maria Calivis, directora de UNICEF para Oriente Medio e Norte de África

Os ataques de onte contra a escola de primaria Beit Hanoun co-Ed A e D - a terceira que é atacada esta semana- é unha proba de que é necesario facer moito máis para protexer os nenos inocentes.

Usar ou atacar escolas nas que os nenos se refuxian da violencia é inaceptable en calquera circunstancia.UNICEF pide a todas as partes no conflito que respecten os nenos e as escolas. Polo menos 192 nenos foron asasinados en Gaza en 18 días. A medida que a cifra de mortos e o nivel de devastación aumenta cada hora,UNICEF faise eco da petición realizada polo Secretario Xeral pedindo o fin inmediato da violencia. Para descargar fotos ou videos en alta calidade: http://weshare.unicef.org/MediaResources

Más información:

Dailo Alli, UNICEF España, [email protected], 609 160 051