Fóra da escola e sen sorte

Novos informes mostran que moitos nenos non pisarán xamais unha aula

A pesar do gran progreso realizado na última década, máis da metade de todos os nenos en idade de cursar educación primaria que non van á escola no mundo están en África subsahariana. Por outra parte, millóns de nenos que si van á escola teñen un baixo nivel de aprendizaxe.

No Día do Neno Africano, unha serie de informes deUNICEF e do Instituto de Estatística da UNESCO afirman que en África subsahariana máis de 30 millóns de nenos en idade de asistir á escola primaria permanecen fóra dela, con máis de dous terzos destes nenos en África occidental e central. Entre 2000 e 2007 producíronse considerables avances no acceso á educación primaria. Non obstante, o progreso estancouse dende 2008. Os informes de A Iniciativa Globalpolos Nenos fóra da Escola revelan que as oportunidades de ir á escola diminúen significativamente no caso das nenas, dos nenos e nenas que viven nunha familia pobre, proceden dunha zona rural ou son o cabeza de familia. "En África occidental e central un de cada cinco nenos en idade escolar nunca entrará nunha aula, " dixo Manuel Fontaine, Director Rexional de UNICEF para África occidental e central. "Necesítanse máis aulas e máis profesores cualificados, pero estas medidas por si soas non serán suficiente para levar millóns dos nenos máis marxinados á escola. A miúdo as familias non poden permitirse as taxas escolares ou ao custo dos materiais básicos. " "África occidental e central ten o índice máis alto do mundo de nenos fóra da escola, o 28 por cento. Isto significa que uns 19 millóns de nenos en idade de cursar educación primaria nesta rexión están excluídos da educación, " dixo Ann Therese Ndong-Jatta, Directora da Oficina Rexional deUNESCO para o Sahel. "Este é o resultado de dous factores: o primeiro, que os países deben superar un legado histórico de acceso limitado a educación para as poboacións rurais. O segundo, que están a loitar para seguir o ritmo da crecente demanda dunha educación de calidade por parte dunha poboación en idade escolar en aumento. " O segundo reto mencionado por A Iniciativa Global polos Nenos fóra da Escola é a pobre calidade da educación que se ofrece en moitas escolas; un reto ao que frecuentemente se fai referencia como "crise de aprendizaxe".

"Coas aulas masificadas e materiais e profesores insuficientes, moitos nenos repiten cursos e abandonan a escola sen dominar os conceptos básicos, " di Leila Gharagozloo-Pakkala, Directora Rexional de UNICEF para África oriental e meridional. "Este é un asunto particularmente grave dada a estreita relación entre os resultados da aprendizaxe e as economías nacionais. " Os informes destacan a importancia de abordar a pobreza de ingresos, así como os asuntos de localización e xénero. Ademais fan fincapé en que a cultura, o idioma, a seguridade e o medio son aspectos vitais para mellorar a educación. Os informes tamén subliñan a necesidade dunha maior análise e unha planificación máis baseada en información, co fin de chegar aos nenos excluídos. "Así non está funcionando", dixo Mohamed Djelid, Director da Oficina Rexional de UNESCO para África oriental. "Requírense esforzos especiais para reducir os custos reais impostos ás familias por enviar os seus fillos á escola. Os pais deben ser animados a manter os seus fillos na escola, especialmente as nenas de comunidades marxinadas e grupos vulnerables, e os nenos con minusvalideces, que están demasiado a miúdo en risco de quedar fóra do colexio, ou de abandonalo".UNICEF e a UNESCO fan un chamamento aos gobernos africanos e aos doadores para que reorienten os seus esforzos a proporcionar unha educación gratuíta e de calidade. O obxectivo final é garantir que todos os nenos, independentemente dos seus antecedentes ou circunstancias, estean na escola e aprendendo.

Notas para a redacción

Este informe foi elaborado como parte da Iniciativa Nenos fóra da Escola, unha alianza entre UNICEF e o Instituto de Estatística daUNESCO activo en máis de 30 países para identificar quen está fóra da escola, por que están fóra da escola, e que estratexias lles axudarán a acceder á escola. Co apoio de varios socios, entre eles a Alianza Mundial para a Educación, a segunda fase da Iniciativa Global polos Nenos fóra da Escola xa está en marcha, coa adhesión de máis de 20 novos países.

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]