FC Barcelona e UNICEF reforzan a súa alianza polos nenos en catro países

O Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake, participa hoxe nun acto co FCB e nenos en Barcelona

Durante un acto celebrado hoxe no estadio Camp Nou cun grupo de nenos, a Fundación FC Barcelona e UNICEF reforzan o seu compromiso no traballo para mellorar as vidas de millóns de nenos a través do deporte e a educación.

Un grupo de 75 nenos do Centro de Educación Infantil e Primaria Pegaso, Ramon Pont, Vicepresidente da FundaciónFC Barcelona; Anthony Lake, Director Executivo de UNICEF, e Marc Bartra, xogador do FCBarcelona, encontráronse hoxe para falar da importancia do deporte nas vidas dos nenos. "O FC Barcelona está moi comprometido no seu traballo con UNICEF para a difusión dunha mensaxe global sobre a importancia dos problemas que afecta á infancia e para a promoción da educación e o deporte" dixoRamon Pont, vicepresidente da Fundación FC Barcelona.UNICEF recoñece o papel fundamental do deporte e a actividade física nas vidas dos nenos. A participación dos mozos no deporte e o xogo contribúe ao seu desenvolvemento e pode ensinar valores básicos e hábitos como a disciplina, o liderado, o traballo en equipo, a xustiza e o respecto aos outros. O deporte e o xogo tamén poden axudar a loitar contra a discriminación e a exclusión de grupos marxinados, incluíndo nenos con minusvalías. "Todo o equipo de UNICEF está encantado coa súa alianza co FCBarcelona. A través deste acordo, UNICEF e o FCBarcelona teñen o compromiso de conseguir que millóns de nenos teñan a oportunidade de recibir unha educación e experimentar a alegría do deporte e de aprender valores positivos a través da educación física, o deporte e o xogo" dixo Anthony Lake, Director Executivo de UNICEF, durante a súa primeira visita aoFCB.

Marc Bartra, xunto a Ramon Pont e Anthony Lake, responderon a preguntas dos nenos, que preguntaron acerca deUNICEF, os nenos doutros países, o fútbol e por que colaboran FCB eUNICEF.FCB contribúe cada ano con 1,5 millóns de euros ao traballo de UNICEF co obxectivo de chegar a millóns de nenos de 16.000 escolas de Brasil, China, Ghana e Sudáfrica. Grazas a esta colaboración prevese dar formación a máis de 5.000 profesores e adestradores, así como integrar o deporte e os valores deportivos nos programas educativos. As escolas tamén recibirán materiais deportivos e contarán con mellores infraestruturas para programas de educación física, deporte e xogo.  

Más información:

Sarah Crowe, Portavoz do Director Executivo de UNICEF. Tel: +1 646 209 1590
[email protected]

Jeremy Hartley, Dtor. de Comunicación de Alianzas e Fundraising de UNICEF, Tel:  +41 22 909 5406
[email protected]

Dailo Allí,  Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55
[email protected]

Marc Parramon, Comunicación Fundació del FCB, Tel: 696 863 845
[email protected]