Explotación sexual, tráfico e abuso ameazan a vida dos nenos nos campos do Norte de Francia

Os nenos sofren explotación sexual, violencia e traballos forzados de forma cotiá nos campos do norte de Francia, de acordo cos resultados dun novo estudo realizado por UNICEF Comité Francés e UNICEF Comité Reino Unido.

Os testemuños dos nenos ofrecen unha fotografía de abuso e traxedia, que inclúe casos de escravitude por débedas e actividades criminais forzadas, por exemplo asistencia a contrabandistas nos peiraos. A violencia sexual é unha ameaza constante, incluíndo a explotación sexual e violación de mozos, e a violación e prostitución forzada de nenas. Durante as entrevistas, as novas mulleres confirmaron prácticas de intercambio de favores sexuais pola promesa dunha pasaxe ao Reino Unido ou de acelerar a súa viaxe. 

Moitos destes nenos fuxiron de conflitos e están agora atrapados nos distintos campamentos e asentamentos. Moitos deles están desesperados por reunirse coa súa familia que xa vive en Reino Unido, onde hai unha cama que lles espera.
 
O estudo entrevistou a 60 nenos non acompañados de entre 11 e 17 anos - de Afghanistán, Exipto, Eritrea, Etiopía, Irán, Iraq, Kuwait, Siria e Vietnam - sobre o seu camiño até o norte de Francia, e a súa vida en 7 campos, entre xaneiro e abril de 2016.
 
Para alcanzar Francia, as sumas de diñeiro varían de entre 2.700 a 10.000 euros. Sexa cal for a forma ou o prezo pago, o camiño é extremadamente perigoso e a experiencia, tal e como a contan, traumática. Na maioría dos campos ademais, os traficantes cobran unha "cota de entrada" para permitir que os menores queden.
 
As queixas polo frío e o cansazo son comúns debido ás desalentadoras condicións de vida, os nenos están expostos constantemente aos elementos. Non hai acceso a educación regular a pesar de que é obrigatorio. Algúns nenos expresaron a súa vontade de ser hospitalizados nun centro psiquiátrico tras sufrir colapsos mentais e episodios agresivos e violentos. 
 
Pero máis aló das duras condicións de vida, o máis preocupante é a violencia ás que ven expostos: a miúdo forzados a traballar para os traficantes, os nenos e mozos non acompañados son os máis expostos a todo tipo de violencia. As primeiras preocupacións que expresan nas entrevistas son relativas á violencia exercida polas forzas de seguridade, as milicias de civís e os traficantes, así como ás agresións sexuais que sofren tanto os nenos como  nenas. Da investigación despréndense indicios claros de que hai situacións de trata de seres humanos.
 
Para Sebastien Lyon, director xeral de UNICEF Francia: "a creación de espazos de protección, permitindo dar información no seu idioma e adaptada á súa idade é primordial para todos os nenos sós que van seguir chegando a Francia. Co fin de que non vivan o que viviron os nenos non acompañados no inverno de 2015"
 
Os traficantes cobran agora entre entre 5.000 e 7.000 EUR por persoa para cruzar a Canle da Mancha - nunca antes pediuse un prezo tan elevado. Ademais, debido a unha maior presenza das forzas de seguridade, a situación empuxou aos nenos a mans destes traficantes, ou lles forzou a asumir maiores riscos para pasar sen pagar -nalgúns casos escondéndose eles mesmos en camións frigoríficos.
 
O director executivo adxunto de UNICEF Reino Unido di que ?unha acción inmediata por parte do Goberno do Reino Unido podería impedir que estes nenos sigan caendo en mans dos traficantes, e demostrar a súa seriedade respecto dos compromisos recentemente adquiridos cos nenos refuxiados?.
 
"O primeiro ministro di que os nenos non acompañados deberían ser traidos ao Reino Unido se as súas familias están aquí a través dos procesos de reunificación familiar, pero estes procesos avanzan con demasiada lentitude. Estes campos non son lugar para nenos -sabemos que hai polo menos 157 nenos en Calais con dereito recoñecido a estar coas súas familias en Reino Unido".
 
"Canto máis tempo teñan que esperar estes nenos, máis desesperados poden chegar a estar e máis fácil será que arrisquen as súas vidas fuxindo das terribles condicións dos campos, para reunirse coas súas familias".
 
O informe estima que, en marzo de 2016, había 500 nenos non acompañados vivindo en 7 puntos do Norte de Francia, incluíndo Calais e Dunkerque, e que aproximadamente 2.000 nenos sós atravesaron a Canle da Mancha desde xuño de 2015.
 
Permanecen de media 5 meses nestas "xunglas", pero algúns dos nenos levan, polo menos, 9 meses e un deles está alí desde fai máis dun ano. Con todo, esta media crece con rapidez debido a un aumento da seguridade nas fronteiras e unha maior dificultade de emprender estas travesías. Canto máis tempo permanezan os nenos nestes campos, máis tempo estarán expostos a cada vez máis perigos. 
 
A protección dos menores non acompañados é unha obrigación para os Estados, como queda establecido na Convención dos Dereitos do Neno. Pero a resposta que se está danto é moi limitada e os procesos non teñen como obxectivo central o interese superior do neno.
 
UNICEF Comité Francés e UNICEF Comité Británico fan un chamamento aos seus respectivos gobernos para intensificar os seus esforzos de protección de todos os nenos e traballar porque os nenos non acompañados poidan reunirse canto antes coas súas familias.
 
Esta semana UNICEF publicouUn perigo en cada etapa do camiño, un informe sobre as rutas por que toman os nenos para chegar a Europa. Nel ponse de relevo os perigos que enfrontan os nenos refuxiados non acompañados, incluídos os que viaxan desde Libia a Italia.

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas partes. 

Más información:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]

www.unicef.es

Síguenos en  Facebook  Twitter Youtube Instagram

 

snapcode unicef peque

@unicef_es