España debe reducir a menos de 5 millóns o número de persoas en risco de exclusión social para o ano 2030

Oxfam Intermón e UNICEF España presentan o informe "España fronte aos retos da Axenda de Desenvolvemento Sustentable", que propón medidas aos partidos políticos para cumprir cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable

España  debe asegurar que os países en desenvolvemento contan cos recursos que faciliten o cumprimento desta axenda e incrementar a axuda ao desenvolvemento ao 0,7% no ano 2023

A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable que se aproba na Asemblea Xeral de Nacións Unidas, do 25 ao 27 de setembro, establece un programa de acción que, por primeira vez, compromete a todos os países do mundo a cumprir unhas metas durante o próximos quince anos.
 
Por iso Oxfam Intermón, co apoio de UNICEF España, presentou o informe España fronte aos retos da Axenda de Desenvolvemento Sustentable, cuxo obxectivo é propor aos partidos políticos unha serie de medidas para facer efectiva a posta en marcha da Axenda 2030.
 
A universalidade da axenda obriga a España a cumprir con estes obxectivos e coas súas metas e o seu punto de partida non é moi alentador. En 2014 o  29,2% da poboación española estaba en risco de pobreza ou exclusión social; deles un 35,8% eran menores de 18 anos, segundo datos oficiais. As medidas de austeridade realizadas en saúde e educación tiveron un impacto negativo, en particular nos grupos máis vulnerables. A brecha salarial de xénero é das maiores da Unión Europea e a implementación do protocolo de Kioto na emisión de gases invernadoiro tivo un débil percorrido. Ademais, España está á cola do Comité de Axuda ao Desenvolvemento pola estrepitosa caída da Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD) a só o 0,14 por cento do PNB.
 
Segundo o informe, o noso país debería reducir á metade os niveis de pobreza para 2030, respecto dos do ano 2000, e alcanzar a meta de menos de 5 millóns de persoas en risco de pobreza e exclusión social para poder cumprir coa axenda de Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS). Ambas as organizacións propoñen para iso medidas como o establecemento dun sistema de garantía duns ingresos mínimos para que os fogares e persoas que o necesiten poidan cubrir as súas necesidades básicas.
 
A Axenda 2030 expón por primeira vez un obxectivo de redución da desigualdade que todos os países deben alcanzar e que supón que para o ano 2030 un país como España debe conseguir que o 40%da poboación máis pobre teña máis riqueza que o 10% da poboación máis rica. Para logralo, as organizacións propoñen medidas fiscais progresivas onde paguen máis os ricos e as grandes empresas, e medidas salariais orientadas a reducir a brecha salarial entre os salarios máis altos, os medios e os baixos.
 
España tamén ten o deber de asegurar que os países en desenvolvemento contan cos recursos e as políticas que faciliten o cumprimento desta Axenda, polo que ten que pór en marcha medidas para loitar contra a pobreza, a desigualdade e pola sustentabilidade fóra das nosas fronteiras. Por tanto, debe reverter o proceso de enfraquecemento da política de cooperación para o desenvolvemento, tan esencial para a consecución dos ODS nos países en desenvolvemento. O  ODS 17 establece a necesidade de incrementar a axuda ao desenvolvemento até o 0,7% do PNB.
 
"É un momento histórico para que España e o novo Goberno que salga das urnas expoña un plan de acción de implementación desta axenda que marque indicadores concretos para reducir a pobreza e a desigualdade a nivel doméstico, pero tamén que priorice a contribución do noso país a que os países en desenvolvemento poidan chegar a estes obxectivos", declara Chema Beira, Director de Oxfam Intermón. "Para iso en necesario un maior compromiso de fondos e garantir unha gobernabilidade internacional máis xusta".
 
Así mesmo, o estudo recomenda que se debe reducir a menos de 1,1 millóns o número de nenos en risco de pobreza ou exclusión social. Para iso proponse a adopción dun Pacto de Estado pola Infancia que inclúa un aumento do gasto social, axudas universais por fillo ou a mellora de axudas e servizos públicos para a infancia, especialmente a máis vulnerable.
 
"Investir na infancia é imprescindible", afirma Javier Martos, director executivo de UNICEF Comité Español, "non só para garantir o benestar e os dereitos dos nenos hoxe, senón tamén para asegurar o futuro das sociedades, como recoñece a Axenda 2030". Isto suporía "aumentar o investimento público en España en políticas de protección social das familias e a infancia, que actualmente é o 1,4% do PIB, e aproximala á media da Unión Europea (2,2%) en 2020".
 
Garantir unha educación inclusiva, lograr a igualdade de xénero e a loita contra o cambio climático son outros obxectivos que os países teñen que cumprir até 2030. Para cumprir esas metas, Oxfam Intermón e UNICEF Comité Español expoñen ao goberno a necesidade de pór en marcha iniciativas como construír un acordo social pola educación pública, reducir a brecha salarial entre homes e mulleres e ampliar as medidas de conciliación da vida familiar e laboral, reducir a emisión de gases invernadoiro e investir máis en enerxías renovables.
 
Os gobernos do mundo, incluído o de España, deberán aplicar a Axenda 2030 nas súas políticas domésticas e da cooperación internacional para alcanzar os 17 ODS e as 169 metas, e xerar así mellores oportunidades e benestar para todos.
 
O novo Goberno que salga das urnas ao final deste ano deberá definir unha folla de ruta referida á Axenda 2030, cunha concreción dos compromisos para a lexislatura. 

Más información:

Belén Barbero, Departamento de Comunicación de UNICEF España

Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

[email protected]; [email protected]

Laura Martínez Valero, Departamento de Comunicación de Oxfam Intermón

Tel. 91 204 67 19   /  628 460 782

[email protected]