En Iraq 3,6 millóns de nenos atópanse en grave perigo pola crecente violencia

Os nenos en Iraq están nas liñas de lume e son constante e incesante branco dos ataques Material multimedia dispoñible para descarga: http://uni.cf/291HUIdhttp://uni.cf/291HUId

3,6 millóns de nenos en Iraq - 1 de cada 5 no país -corren serio risco de morte, lesións, violencia sexual, secuestro ou recrutamento por parte de forzas armadas. Estes datos, recollidos no informe publicado hoxe por UNICEF Un alto prezo para os nenos, revelan que o número de nenos en perigo destas violacións creceu en 1,3 millóns nos últimos 18 meses.

Os achados mostran que 4,7 millóns de nenos necesitan axuda humanitaria - a terceira parte de todos os nenos iraquís - mentres moitas familias enfróntanse agora a unhas condicións deterioradas despois das operacións militares en Faluya e nos arredores de Mosul.
 
"Os nenos en Iraq están nas liñas de lume e son constante e incesante branco dos ataques", declarou Peter Hawkins, representante de UNICEF Iraq. "Chamamos a todas as partes á moderación, e a respectar e protexer aos nenos. Debemos axudalos co apoio que necesitan para recuperarse dos horrores da guerra e contribuír a un Iraq máis pacífico e próspero".
 
O informe de UNICEF documenta a escalada e a complexidade da crise humanitaria nun país abatido por case 4 décadas de conflito, inseguridade e neglixencia, onde o impacto sobre os nenos empeora cada día.
 
Un total de 1.496 nenos foron secuestrados no país nos últimos 2 anos e medio. Isto tradúcese en 50 nenos secuestrados ao mes, con moitos forzados a loitar ou abusados sexualmente.
 
"O rapto de nenos dos seus fogares, das súas escolas e das súas rúas é horrible", conta Hawkins. "Estes nenos están a ser arrincados das súas familias e sometidos a abusos e explotación".
 
O informe mostra tamén que case o 10% dos nenos en Iraq - máis de millón e medio - foron forzados a fuxir dos seus fogares en varias ocasións por culpa da violencia que empezase en 2014. Aproximadamente 1 de cada 5 escolas non se poden utilizar por culpa do conflito, e case 3,5 millóns de nenos en idade escolar non acceden á educación. 
 
Para facer chegar axuda a nenos en desesperada necesidade, UNICEF e os seus aliados están a traballar baixo condicións de extrema dificultade. Proporcionou apoio psicolóxico a máis de 100.000 nenos no último ano e medio; provisto de auga limpa a máis de 750.000 persoas desde o inicio do ano; vacinou a 5,6 millóns de nenos contra a polio; e apoiou a máis de 710.484 nenos para que accedan á escola.
 
UNICEF urxe a tomar acción inmediata para protexer os dereitos dos nenos en Iraq mediante 5 pasos:
 
·         Pór fin ao asasinato, mutilación, secuestro, tortura, detención, violencia sexual e recrutamento dos nenos. Deter os ataques a colexios, instalacións e persoal médico.
 
·         Proporcionar acceso humanitario incondicional e sen trabas para todos os nenos dondequiera que estean no país, incluídas zonas que non están baixo o control do goberno. En áreas onde o conflito está presente, os civís que desexen desprazarse deben ter un acceso seguro e recibir os servizos que necesiten.
 
·         Estender e mellorar a educación para nenos que están fóra do colexio con clases de recuperación. Aumentar o acceso ao ensino e dotar a mestres e nenos con materiais educativos e de capacitación. Eses son os nenos que reconstruirán Iraq e contribuirán a un futuro máis pacífico e estable.
 
·         Prover de programas psicolóxicos e recreativos para axudar a que os nenos se recuperen e que poidan reconectar coa súa infancia.
 
·         Aumentar os fondos xa que os recursos están a acabarse e estanse tendo que recortar o apoio que salva a vida dos nenos. UNICEF necesita 100 millóns de dólares para responder as necesidades dos nenos de Iraq en 2016.
 
Hai portavoces de UNICEF dispoñibles para entrevistas en Bagdad e Erbil
 

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas partes.
 

Más información:

Diana Valcárcel. UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]

www.unicef.es

Síguenos en  Facebook  Twitter Youtube Instagram

snapcode unicef peque

@unicef_es