EMERXENCIA TIFÓN HAIYÁN/YOLANDA
AirAsia e UNICEF levan subministracións a Tacloban para apoiar as familias afectadas polo super tifón HaiyanGrazas ao apoio de AirAsia, UNICEF puido levar hoxe subministracións esenciais a Tacloban para apoiar os nenos e familias afectadas polo tifón Haiyan.
O envío inclúe 3.000 kits de hixiene e chegarán aTacloban en tres voos de AirAsia, que puxo a disposición de UNICEF 15 toneladas de espazo de carga. Hoxe saíron os primeiros 100 kits de hixiene á zona máis afectada desta rexión. Cada kit inclúe subministracións de hixiene abondo para unha familia de seis persoas e está composto de xabóns, colectores de auga, pasta de dentes, cepillos de dentes, deterxente e toallas sanitarias. En total, 18.000 persoas poderanse beneficiar destas subministracións. "As empresas aliadas de UNICEF son moi importantes nun momento como este, no que todos temos que unirnos para chegar aos nenos vulnerables afectados por esta emerxencia. Agradecemos a AirAsia a súa xenerosidade", dixo o Representante deUNICEF en Filipinas, Tomoo Hozumi.Calquera persoa pode colaborar con este traballo a través de UNICEF Comité Español:
- Enviando un SMS** coa palabra UNICEF ao 28028
- Realizando a súa contribución a través de www.unicef.es
- Chamando al 902 31 41 31
- Nas seguintes contas bancarias:
BBVA 0182 2370 40 0208517159
Caixabank 2100 5731 70 0200005001
Santander 0049 1804 16 2610410756
Banesto 0030 8301 78 0000046271
ING Direct 1465 0100 95 6000000000
Máis información sobre a emerxencia en Filipinas:
http://www.unicef.es/emergencia-tifon-filipinas
Para descargar vídeos e fotos:
ftp://video.unicef.es/filipinas
Usuario: Refcom
Contrasinal: uce442087