Diminúe o número de nenas ameazadas pola mutilación xenital feminina

UNFPA e UNICEF piden acelerar os esforzos para erradicala xa que a práctica comeza a reducirse

Diminúe o número de nenas sometidas á mutilación xenital feminina, que pon en perigo as súas vidas, segundo os novos datos ofrecidos por Nacións Unidas con motivo do Día Internacional de Tolerancia Cero coa Mutilación Xenital Feminina.

Os datos mostran que esta práctica é cada vez menos frecuente en xeral e que as xeracións máis novas son menos vulnerables. Nos 29 países de África e Oriente Medio onde se concentra a práctica da mutilación xenital feminina, unha media do 36 por cento das nenas de entre 15 e 19 anos foron mutiladas, mentres que entre as mulleres de 45-49 a media é do 53%. O descenso é particularmente importante en países como Kenya, onde as mulleres de entre 45 e 49 teñen tres veces máis probabilidades de ter sido mutiladas que as nenas de 15-19 anos. "Este progreso demostra que é posible poñer fin á mutilación xenital feminina", dixo o Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake. "A mutilación xenital feminina non só é profundamente errónea, senón que podemos e debemos rematar con ela para axudar a millóns de nenas e mulleres a levar unha vida máis saudable" engadiu. Estas estimacións dadas a coñecer por UNICEF, mostran que polo menos 120 millóns de nenas e mulleres sufriron mutilación xenital feminina nestes 29 países. Segundo as tendencias actuais, polo menos 30 millóns de nenas menores de 15 anos aínda poden estar en perigo. O programa conxunto do Fondo de Nacións Unidas para a Poboación (UNFPA) e UNICEF sobre a mutilación xenital feminina, está a realizar progresos para evitar que estas nenas e as futuras xeracións estean expostas a esta práctica.

 As novas estimacións danse a coñecer tras a aprobación de xeito unánime por parte da Asemblea Xeral de Nacións Unidas en decembro de 2012 dun chamamento realizado aos Estados membros para intensificar os seus esforzos co fin de eliminar completamente a práctica. Dende 2008, cando se puxo en marcha o Programa Conxunto entreUNFPA e UNICEF sobre a mutilación xenital feminina, preto de 10.000 comunidades de 15 países, cuns 8 millóns de habitantes, renunciaron á práctica. O ano pasado un total de 1.775 comunidades en África declararon publicamente o seu compromiso de erradicar a mutilación xenital feminina. Mesmo nos países onde se rexistran as maiores taxas está a cambiar a actitude con respecto á práctica. En Exipto, por exemplo, onde o 90 por cento das nenas e as mulleres foron mutiladas, duplicouse o número de nenas e mulleres de entre 15 e 49 anos casadas e que pensan que a mutilación xenital feminina debe erradicarse. Este dato pasou do 13% en 1995 ao 28% en 2008. "A capacitación das mulleres e as nenas é clave para romper o ciclo de discriminación e violencia, así como para a promoción e protección dos dereitos humanos, incluída a saúde sexual e reprodutiva e os dereitos reprodutivos", dixo Babatunde Osotimehin, Director Executivo deUNFPA. "Traballando cos gobernos e a sociedade civil, UNFPA e UNICEF puideron lanzar con éxito un enfoque baseado en dereitos humanos, respectuoso coas culturas, para poñer fin á mutilación xenital femenina"señaló. Os Directores Executivos de UNFPA eUNICEF sinalaron que se a vontade política expresada na resolución da Asemblea Xeral, se traduce en investimentos concretos, a mutilación xenital feminina -unha seria violación dos dereitos das nenas e as mulleres-, podería converterse nun vestixio do pasado. Ademais, ambos os dous fixéronse eco do chamamento realizado pola resolución para que se teña un enfoque coordinado que promova o cambio social positivo na comunidade e a nivel nacional, rexional e internacional. A mediados de 2013 UNICEF publicará unha ampla recompilación e análise de datos segregado por países sobre a mutilación xenital feminina. Ademais, incluirá unha avaliación global dos niveis e tendencias, así como estatísticas a nivel nacional e rexional.

Más información:

Sarah Crowe

Voceira do Director Executivo de UNICEF

+1 212 326 7206    [email protected]

 

Peter Smerdon

UNICEF Nova York

+1 212 303 7984 / Mobile: + 1 917 213 5188, [email protected]

 

Omar Gharzeddine

UNFPA Nova York

+1 212 297 5028  [email protected]

 

Dailo Alli

UNICEF España

+34 609 160 051 [email protected]