Descende un 24% en dous anos o número de novos casos de nenos con VIH/SIDA

O número de novos casos detectados de nenos con VIH/SIDA diminuíu, pero lograr o obxectivo marcado de conseguir unha xeración libre de VIH/SIDA require que máis mulleres embarazadas e nenos que viven co virus teñan acceso a tratamentos, dixo hoxe UNICEF.  

Grazas ao extraordinario compromiso mundial, os novos casos de infección poloVIH/SIDA en nenos reducíronse un 24%, pasando de 430.000 en 2009 a 330.000 en 2011. Dende 2010 a decembro de 2011 conseguírase tratar con antirretrovirales 100.000 nenos máis dos que eran tratados anteriormente. Non obstante, menos dun terzo das nais embarazadas e os nenos que requiren tratamento estano a recibir, en comparación coa media mundial para os adultos, que é do 54%.

"Sinxelamente, é reprobable que os adultos teñan o dobre de probabilidades que os nenos de beneficiarse do tratamento que necesitan", dixo o Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake. "Por definición, lograr unha xeración libre de sida esixe protexer os máis novos e vulnerables contra a infección do VIH/SIDA. Debemos redobrar os nosos esforzos para que as nais e os nenos infectados poidan vivir sen VIH/SIDA. Debemos facer todo o que estea ao noso alcance para aumentar o número de embarazadas e nenos que se someten a exame e reciben tratamento mediante programas básicos de saúde infantil e prenatal". Tratar as mulleres embarazadas seropositivas non só mantenas con vida e en bo estado de saúde; tamén evita que os bebés adquiran o virus durante a xestación, o parto e o período de lactación. O tratamento tamén pode previr a transmisión sexual dunha muller seropositiva a unha parella sen VIH/SIDA. Traballar para poñer fin aos novos casos de infección poloVIH/SIDA entre os nenos para 2015, e manter as súas nais con vida, é un aspecto fundamental do compromiso xeral de UNICEF coa supervivencia infantil en virtude do movemento mundial "Unha promesa renovada".

Para descargar fotos e videos en alta calidade:  

https://unicefweb.unicef.es/com/sida

Usuario:     Refcom

Contrasinal:   uce442087

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, +34 609 160 051 [email protected]