Declaración sobre Sirya da Directora Rexional de UNICEF para Oriente Medio e Norte de África, María Calivis

"UNICEF manifesta o seu horror e indignación polos últimos asasinatos dos que tivo coñecemento en Al Bayda e Baniyas.

Segundo os informes, o 2 e 3 de maio ducias de persoas, incluíndo mulleres e nenos, foron asasinadas nestas dúas cidades. Estas últimas mortes serven para recordar de novo que son os civís inocentes, especialmente os nenos, os que seguen pagando as consecuencias da matanza en Sirya. Esta violencia brutal está a causar un sufrimento humano extremo e perda de vidas. Máis de cinco millóns e medio de persoas xa fuxiron dos seus fogares, incluíndo 1,4 millóns de refuxiados que están a vivir en países veciños que se están a ver saturados. Todas as partes deben cumprir coas súas obrigas legais internacionais e respectar a inviolabilidade das vidas dos nenos. "

Máis información sobre o traballo deUNICEF na Crise de Sirya:

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/crisis-en-siria

 Fotos e videos en alta calidade:

https://unicefweb.unicef.es/com/siria

Usuario:     Refcom

Contrasinal:   uce442087

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España

609 160 051 / 91 378 95 55

[email protected]