Declaración do Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake, sobre a pausa humanitaria en Alepo, Siria
"Hoxe é outro día triste e perigoso para os nenos de Siria, en particular para aqueles que viven en Alepo.Todos os nenos alí - todos os afectados- necesitan unha pausa inmediata ao conflito en Alepo, e cada segundo de cada minuto conta cando se trata de protexer e salvar a vida dos nenos.
UNICEF continúa listo para prover
de asistencia humanitaria de urxente necesidade como medicamentos,
vacúas e suplementos nutricionais.
E estamos dispoñibles para apoiar
a avaliación e reparación das instalacións eléctricas e de auga
para prover de auga potable a todas as persoas de Alepo.
Máis de 100.000 nenos seguen
atrapados na parte este de a cidade desde o mes de xullo.
Máis de 35.000 persoas foron
desprazadas á zona occidental da cidade.
Os nenos de Alepo non poden
seguir vivindo baixo un medo constante a posibles ataques na que se
converteu nunha das cidades máis perigosas do mundo.
Pero ata que haxa paz, necesítase
desesperadamente unha pausa humanitaria, o cesamento do fogo e un
acceso constante necesario para salvar vidas e salvar a
esperanza".
Acerca de UNICEF
UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas partes.