Declaración de UNICEF sobre a violencia contra os nenos en Xerusalén e Cisxordania

"A indignación xustificada polo homicidio dun adolescente palestino en Xerusalén hoxe, e a vista onte nos funerais polos tres mozos israelís asasinados en Cisxordania, son un recordatorio de que nunca deberiamos afacernos a tales ataques contra os nenos, en ningún lugar, de ningún xeito, e en ningún momento.

Condenamos todos os recentes asasinatos porque son crimes terribles e porque non hai nada máis prexudicial para as esperanzas de paz na rexión. O asasinato de nenos e a violencia deliberada contra eles son crimes imperdoables polos que os seus autores deben render contas.UNICEF expresa o seu máis sentido pésame ás familias dos nenos asasinados. Reiteramos o chamamento do Secretario Xeral da ONU á moderación para evitar unha maior perda de vidas. E recordamos a todas as partes no conflito a súa obriga legal e moral de protexer os nenos de calquera dano".

Más información:

Comunicación UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]

Marixie Mercado, UNICEF New York, Tel: +1 212 326 7133, +1 917 213 5188

[email protected]