Declaración de UNICEF sobre o segundo secuestro de nenas en Nixeria

O secuestro de oito nenas máis en Nixeria é unha aldraxe e un crecente pesadelo para as propias nenas e para as familias das máis de 200 nenas que foron roubadas das súas comunidades nas últimas semanas.

"Que se alegue que as nenas foron secuestradas para impedirlles asistir á escola é especialmente aborrecible". "UNICEF fai un chamamento aos secuestradores para que devolvan de inmediato estas nenas sas e salvas ás súas comunidades, e imploramos a todos os que teñen influencia sobre os responsables que fagan todo o posible para asegurar o retorno seguro das nenas, e que os seus secuestradores sexan xulgados. Os nosos corazóns están coas familias destas nenas. UNICEF continúa dando seguimento á situación e expresa a súa solidariedade coa poboación de Nixeria".

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]