Declaración de UNICEF sobre o secuestro de nenos en Etiopía

UNICEF condena enerxicamente o secuestro o pasado venres de aproximadamente 100 nenos ao oeste de Etiopía, durante un brutal ataque á súa comunidade por parte de agresores armados, presuntamente asaltantes de gando de Sudán do Sur. Informacións sen confirmar indican que habería nenos entre os mortos e feridos.

O noso equipo está a avaliar a situación dos nenos afectados por este horrible acto de violencia desenfreada, e está preparado para apoiar á comunidade.
 
Todo ataque a nenos, pola razón que sexa e en calquera contexto, é unha violación de dereitos humanos e unha agresión á nosa humanidade común. UNICEF únese ao goberno etíope, que traballa para conseguir a liberación destes nenos, e pide que sexan liberados de forma inminente e incondicional e poidan reunirse coas súas familias. 

Más información:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]