DECLARACIÓN DE UNICEF SOBRE O PREMIO NOBEL DA PAZ

"UNICEF felicita a Malala Yousafzai e Kailash Satyarthi, dous grandes defensores dos dereitos dos nenos, por recibir o Premio Nobel da Paz. O galardón é unha proba da inquebrantable convicción de que os nenos son unha forza para o cambio.

Esta merecida honra para dous valentes loitadores polos dereitos da infancia chega no ano no que a comunidade internacional celebra o 25 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno. Este premio será unha inspiración para todos os millóns de nenos anónimos e descoñecidos de todo o mundo que cada día pelexan en silencio polo seu dereito á educación, o seu dereito a ser escoitados e o seu dereito a ser protexidos. A valentía e determinación de Malala eKailash é un sopro de enerxía para os nenos de todos os lugares".Malala Yousafzai foi premiada en 2013 cun dos galardóns que concede UNICEFComité Español:

http://www.unicef.es/infancia/ong-espana/premios-unicef/premio-unicef-espana-moviliza-malala-yousafzai

Más información:

UNICEF España  Tel: +34 609 160 051 / +34 91 378 95 55  [email protected]