Declaración de UNICEF sobre o informe independente acerca da explotación e abuso sexual a nenos en República Centroafricana

"Estamos a revisar o informe dun grupo independente de expertos sobre abusos sexuais en República Centroafricana, especialmente as referencias aos casos nos que UNICEF fallou na implementación da súa política de resposta ao abuso sexual e explotación dos nenos, co obxectivo de extraer leccións prácticas para o futuro.

Por suposto, lamentamos profundamente estes fallos, incluíndo un seguimento inadecuado do benestar dos nenos.
 
Xa establecemos un novo sistema de información en UNICEF para mellorar a supervisión interna da nosa resposta ás denuncias de abuso. Tamén estamos a instaurar un novo proceso para requirir informes máis formais e sistemáticos aos nosos aliados sobre o apoio que proporcionan ás nenos vítimas de abuso sexual -cun seguimento periódico por parte de UNICEF sobre o devandito apoio". 

Más información:

Marixie Mercado, UNICEF Nova York, +1 917 213 5188; [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]