Declaración de UNICEF sobre o impacto da violencia nos nenos en Ucraína

É cada vez máis preocupante o impacto que poida ter sobre os nenos e as súas familias a intensa violencia que se está a rexistrar en Ucraína. Algúns informes aseguran que os nenos foron alcanzados e mesmo resultaron feridos pola violencia en Kiev. UNICEF está a recompilar a información necesaria para confirmar estes datos e está a levar a cabo un seguimento preciso xa que a situación está a afectar aos nenos. Todas as partes teñen a responsabilidade de manter os nenos fóra de perigo.

Os nenos son especialmente vulnerables en situacións de conflito violento, non só pola violencia senón tamén polo trauma de ter sido testemuña desa violencia. Entre outras ameazas ao seu benestar, os nenos poden ser separados dos seus pais polo caos, e algúns servizos básicos poden sufrir restricións. Nas zonas afectadas, algunhas escolas pecharon e complícase o acceso aos servizos sanitarios. Nesas situacións débese dar especial atención e apoio á infancia.

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]