Declaración de Marie Pierre Poirier, coordinadora especial de UNICEF para a crise de refuxio e migración en Europa

O compromiso por parte do Reino Unido e Francia para atopar solucións urxentes para os centos de nenos refuxiados e migrantes que languidecen en Calais desde hai meses, non podía chegar nun momento máis oportuno, dixo Marie Pierre Poirier, coordinadora especial de UNICEF para a crise de refuxio e migración en Europa.

Ante o peche inminente do campamento de Calais e ante a inminente chegada do clima húmido do inverno, é unha boa noticia coñecer que moitos dos nenos terán un novo fogar e unha nova esperanza no Reino Unido nos próximos días. Damos a benvida tamén ao compromiso de Francia para atopar solucións para aqueles nenos refuxiados e migrantes que permanecerán no seu territorio. Isto estaba pendente desde hai moito tempo.
 
Durante moitos meses, uns 1.200 nenos viviron en condicións deplorables no campo de Calais, expóndose ao abuso, a explotación e os accidentes de tráfico agardando un destino incerto.
 
Podemos imaxinar o enorme alivio que os propios nenos experimentarán finalmente cando se lles ofreza unha casa apropiada, asistencia, acceso á educación e un futuro - non só aos que irán ao Reino Unido, senón tamén os que quedan en Francia. O seu interese superior debe guiar as decisións das autoridades en cada paso do camiño.
 
Nós, en UNICEF, xunto con moitos dos nosos aliados que durante tanto tempo estiveron presionando no seu nome, compartiremos o alivio dos nenos unha vez que os gobernos de ambos os lados da canle inglesa presten total atención aos chamamentos realizados polos moitos activistas locais, voluntarios, ONG e organismos internacionais incluíndo os Comités Nacionais de UNICEF do Reino Unido e Francia, para lograr solucións duradeiras para atender a refuxiados e migrantes.
 
Esperamos aínda un maior compromiso por parte de todas as autoridades, non só na súa obrigación legal para cos nenos, tamén na súa obrigación moral de protexer a todos aqueles que se viron obrigados ao desarraigamento.

Para coñecer máis e colaborar co traballo de UNICEF na crise de refuxiados e migrantes:

https://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/crisis-de-refugiados

Más información:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]