Declaración de Julien Harneis, representante de UNICEF en Iemen

"O número de nenos asasinados en Iemen como resultado do conflito nas últimas semanas é catro veces maior que o total confirmado de asasinatos en 2014 *. Polo menos 279 nenos foron asasinados e 102 resultaron feridos dende que comezase a escalada de violencia en Iemen o 26 de marzo de 2015, comparado cos 74 e 244 respectivamente, rexistrados en todo o ano pasado.

O recrutamento e uso de nenos tamén aumentou bruscamente. En Iemen os nenos son utilizados por grupos armados, nos puntos de control ou como portadores de armas. En 2014, 156 nenos foron recrutados e usados en grupos armados, mentres que en 2015 o número xa se duplicou chegando a 318.

Os nenos seguen sendo asasinados, mutilados ou recrutados para loitar en enfrontamentos. Deberían están seguros nas escolas e non tratando de escapar das balas en primeira liña da fronte. Estes nenos son o futuro de Iemen e deben ser protexidos en todo momento e afastados do perigo.

UNICEF manifesta a súa satisfacción ante o chamamento do Secretario Xeral de Nacións Unidas para que teña lugar unha pausa humanitaria durante o mes sagrado do Ramadán para permitir a asistencia a todos os iemenís que necesitan axuda e proporcionar un respiro.

A violencia en Iemen non só devastou as vidas de millóns de nenos senón que está a ter consecuencias aterradoras a longo prazo para o seu futuro. De novo UNICEF de
staca a necesidade urxente de que todas as partes no conflito, e aqueles que teñen influencia, rematen con esta violencia dunha vez por todas".

* Recentemente publicouse información sobre violacións graves contra os nenos en 2014 no informe anual sobre nenos e conflitos armados do Secretario Xeral de Nacións Unidas.

Más información:

Rajat Madhok, UNICEF Iemen actualmente en Amman, +962 79 827 0912, [email protected]  

Juliette Touma, UNICEF Middle East & North Africa, Tel: +962-79867-4628, [email protected]

Christophe Boulierac, voceiro UNICEF Xenebra, [email protected], +41 799 639 244

Belén de Vicente, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]