Declaración de Ján Kubiš, representante especial do Secretario Xeral da ONU para Iraq, e Peter Hawkins, representante de UNICEF en Iraq

O actual conflito que se vive en Iraq está a afectar profundamente aos cidadáns máis vulnerables do país: os seus nenos. 

O pasado 26 de novembro oito nenos morreron e seis resultaron feridos durante unha operación militar na localidade da o Halabsa, preto da cidade de Faluya. A maioría deles eran menores de 10 anos. O incidente tivo lugar de noite, cando é máis probable que a xente estea na súa casa. Nacións Unidas está a verificar outros 15 incidentes rexistrados entre novembro e decembro, con ataques sobre áreas civís en Faluya efectuados por todas as partes do conflito. A Misión de Asistencia das Nacións Unidas para Iraq (UNAMI, polas súas siglas en inglés) e UNICEF continúan mostrando a súa preocupación pola seguridade dos nenos de Iraq que seguen sufrindo os efectos das hostilidades en todo o país. As continuas operacións en Ramadi, Mosul, Tal Afar e outras áreas afectadas polo conflito, aumentan o risco de máis violacións graves dos dereitos dos nenos.  
 
Desde comezos de ano confirmouse a morte de 189 nenos, e outros 301 resultaron feridos como consecuencia do conflito en Iraq. Ademais, por centos de nenos nas zonas afectadas impídeselles o acceso a servizos básicos como a educación ou a saúde, debido aos ataques a hospitais e escolas. Por exemplo, só en Ramadi 45 escolas foron destruídas ou danadas como resultado do conflito desde o ano pasado.
 
UNAMI e UNICEF instan a todas as partes do conflito a cumprir os principios de proporcionalidade e distinción no curso das operacións militares, para protexer aos nenos e outros civís dos efectos da violencia na medida do posible, e a respectar a natureza civil das escolas e as instalacións sanitarias. 

Más información:

Jeffrey Bates, UNICEF Iraq, +964-780-1964-524

Juliette Touma, Oficina Rexional UNICEF, +962-79-867-4628

Belén de Vicente, UNICEF España 609 160 051 / 913789555 [email protected]