Declaración de Hanaa Singer, representante de UNICEF en Siria, sobre a cidade asediada de Madaya

"UNICEF celebra que esta semana se permitiu o acceso aos nenos atrapados na cidade asediada de Madaya. Durante a nosa participación este xoves na segunda misión humanitaria conxunta de Nacións Unidas, a Media Lúa Vermella Árabe Siria (SARC, polas súas siglas en inglés) e o Comité Internacional da Cruz Vermella (CICR), puidemos confirmar casos de nenos con desnutrición grave[i].

O equipo de UNICEF sentiu especialmente entristecido e impresionado ao ser testemuña da morte de Ali, un mozo de 16 anos gravemente desnutrido que morreu ante os nosos ollos na clínica da cidade.
 
No hospital provisional que visitou UNICEF había só dous médicos e dous profesionais sanitarios, que están desbordados. O equipo de UNICEF e o persoal da Organización Mundial da Saúde (OMS) puido avaliar o estado nutricional de 25 nenos menores de cinco anos, mediante a medición do contorno do seu antebrazo; 22 deles mostraban signos de desnutrición de moderada a grave. Todos eles están xa recibindo tratamento na instalación sanitaria grazas ás subministracións médicas e nutricionais especiais distribuídos o luns por Nacións Unidas e o CICR.
 
O equipo examinou a outro dez nenos de entre 6 e 18 anos, dos que seis mostraban signos de desnutrición grave. Un mozo de 17 anos, cuxa vida corre perigo, necesita desesperadamente ser evacuado, igual que unha muller embarazada de nove meses con parto obstruido.
 
Aínda que os resultados desta misión non constitúen unha mostra representativa e aínda non podemos extraer conclusións sobre a situación nutricional xeneral, si reflicten en tempo real a situación que se vive en Madaya. Os equipos de Nacións Unidas e a SARC planean continuar a avaliación o domingo para realizar un seguimento máis amplo.
 
A xente que nos atopamos en Madaya está exhausta e é extremadamente fráxil. Os médicos están tensos emocionalmente e esgotados mentalmente. Traballan a contrarreloxo con recursos moi limitados para proporcionar tratamento aos nenos e pacientes que o necesitan. É simplemente inaceptable que isto estea a ocorrer no século XXI.
 
Os equipos de UNICEF e a OMS traballaron co equipo médico para establecer un centro de estabilización e servizos terapéuticos ambulatorios para o tratamento da desnutrición. Os traballadores sanitarios recibiron asesoramento para poder tratar os casos de desnutrición aguda grave.  
 
Aínda que estamos impresionados pola situación en Madaya, non debemos esquecer que en Siria hai outras 14 "Madayas". Son zonas nas que diferentes partes en conflito están a utilizar o asedio como unha táctica de guerra, privando aos nenos e civís inocentes do acceso a servizos e subministracións vitais.
 
O xoves UNICEF, como parte do convoi conxunto con Nacións Unidas, a SARC e o CICR, puido enviar dez camións con subministracións para outras dúas áreas asediadas, Foah e Kafraya, que beneficiarán a uns 6.000 nenos atrapados nesas zonas.
 
UNICEF reitera o chamamento ás partes en conflito para que levanten o asedio ás comunidades en Siria e proporcionen un acceso humanitario ilimitado, incondicional e continuado, que permita aos equipos avaliar as necesidades sanitarias e nutricionais, proporcionar atención médica e nutricional, e evacuar ás mulleres e nenos en estado crítico".

Para acceder a fotos:

ftp://video.unicef.es/siria/madaya

Usuario: Refcom

Contrasinal: uce442087


[i]Como parte do convoi do 14 de xaneiro, os camións de UNICEF distribuíron mantas, roupa de inverno para os nenos, kits para tratar a diarrea, kits para matronas, e kits sanitarios de emerxencia para 10.000 persoas. Ademais repartíronse mochilas para 12.000 nenos e subministracións de hixiene como deterxente en po, xabón, champú e pastillas potabilizadoras de auga. A distribución do luns 11 de xaneiro incluíu subministracións terapéuticas e nutricionais como micronutrientes, galletas enerxéticas e alimento e medicación terapéuticos para tratar a desnutrición severa e aguda. 

Más información:

Juliette Touma, [email protected], +962-79-867-4628

Shushan Mebrahtu, [email protected], +963-99-289-2864

Diana Valcárcel, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]