Declaración de Anthony Lake, director executivo de UNICEF, sobre o ataque en Garowe, Somalia

"O horrible ataque contra os nosos compañeiros de UNICEF hoxe no norte de Somalia é un asalto non só a eles senón ás persoas ás cales servían. Os nosos pensamentos inmediatos están coas familias dos catro empregados que foron asasinados e cos que foron feridos. Todos nós en UNICEF estamos profundamente entristecidos, e profundamente enfadados.

Os nosos colegas dedicaron a súa vida a traballar para os nenos de Somalia. Non son vítimas. Eles e os feridos son heroes. Lamentamos a súa perda e esperamos a plena recuperación dos feridos.

O noso continuo traballo en Somalia polos nenos máis vulnerables e as súas familias será unha merecida homenaxe a aqueles que perdemos. "

Más información:

James Elder, xefe regxonal de comunicación, UNICEF Nairobi, +254 715 581 222,  [email protected]

Edward Carwardine, director adxunto de comunicación, UNICEF New York, +1 917 310 8969,   [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected],