Declaración de Anthony Lake, director executivo de UNICEF, sobre a morte de traballadores humanitarios e pacientes nun hospital de Afganistán

"Todos os que formamos parte de UNICEF estamos conmocionados e entristecidos pola morte dos traballadores humanitarios de Médicos Sen Fronteiras e os seus pacientes, tras o ataque aéreo contra un hospital no norte de Afganistán.

Unímonos ás familias, colegas e amigos de quen perderon a vida, e dos que foron feridos, no duelo pola perda de verdadeiros heroes dedicados a facer do mundo un lugar mellor.
 
Eles e todos os traballadores humanitarios que pon en risco as súas propias vidas por outros nalgúns dos lugares máis perigosos do mundo merecen nosa máis profunda admiración".

Más información:

Belén de Vicente, UNICEF España, [email protected], 609 160 051 / 91 378 95 55